En Marea volverá levar ao Parlamento galego a necesidade de dotar de máis xulgados a Lugo

Villares acusa ao PP de votar en contra das súas propostas porque os seus "principais" casos e condenas por corrupción saen de tribunais lucenses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2018 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou este venres que o seu grupo volverá levar ao parlamento de Galicia, no mes de setembro, a necesidade de dotar de máis xulgados a Lugo.

Luís Villares, EN MAREA
Luís Villares, EN MAREA

O líder do partido instrumental lembra que até en catro ocasións trataron de facer visible dita urxencia, sen que a Xunta tivese en conta ditas reivindicacións. "A situación dos xulgados de Lugo non é conxuntural, é estrutural. Por tanto non fan falta reforzos, fan falta novos xulgados", clama o ex xuíz lucense.

Neste sentido, lembra que esta demanda xa a trasladaron asociacións xudiciais, así como CSIF e UGT, que denunciaron, sobre todo, o colapso que se sofre no Xulgado Número 1, que leva importantes causas como a 'Carioca', a 'Pokémon' ou a 'Operación Pulpo'.

Villares non dubida de que é preciso habilitar un novo xulgado de instrución e debulla que é fundamental por "dúas cousas". Por unha banda "para que poidamos ter un xulgado de violencia de xénero que funcionemáis axilmente e para investigar mellor todos os casos", asegura. "E para investigar mellor todos os casos que teñen que ver co penal e sobre todo coa corrupción", engade.

"O PP votou en contra por unha razón e é que os principais casos de corrupción con condenas contra populares saen de xulgados de Lugo. Aíestá a 'Campeón', que afectou o Goberno de Feijóo", advertiu.

O portavoz de En Marea considera necesario, á súa vez, ir a un novo xulgado do social en Lugo, con designacións que se disparan até o 2020. Neste caso, Villares tamén responsabiliza aos populares, ao recapitular que, "tras as reformas laborais de 2010 e 2012, os asuntos que teñen que ver co despedimento dos traballadores e as condicións laborais inxustas se multiplicaron, e unha vez máis o PP votou en contra porque son os responsables desa reforma laboral". "É unha necesidade estrutural o de crear novos xulgados en Lugo. A xente ten dereito a unha xustiza rápida e eficaz", reflexiona finalmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta