Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 08:10
Toda a oposición cargou este martes no pleno da Cámara contra a decisión do Sergas de suprimir o servizo de paritorio do Hospital comarcal de Verín e avisou de que, despois deste peche, virán "outros recortes" no resto de centros comarcais.
Na sesión, a deputada nacionalista Noa Presas defendido unha proposición non de lei para restituír servizos neste centro e acusou ao Goberno galego de "xogar coas nais" desta comarca que, segundo indicou, "deben ter os mesmos dereitos" que outras. Ademais, acusou á Xunta de "acudir á política do medo" para xustificar a decisión.
"Ten narices que un goberno que precariza ao persoal, que lle fai facer quilómetros, que o ten en condicións absolutamente abusivas... Ese mesmo goberno di que é pola falta de pericia dos profesionais", criticou Presas.
NOVOS RECORTES
Nesta liña mostráronse todos os portavoces de sanidade da oposición. Así, en primeiro lugar, Davide Rodriguez (Grupo Mixto) urxiu á Xunta a "cesar" a súa política de "desmantelamento" e a reunirse coa comunidade hospitalaria de Verín. "Que opinan disto os deputados do PP de Ourense despois de ver aos alcaldes do PP manifestándose a favor de que se manteña o servizo?", preguntou.
Tras iso, o socialista Julio Torrado asegurou que por parte da Xunta hai "unha planificación sistemática e ordenada de redución de servizos nos hospitais comarcais". "Non é que vostedes recorten, é que parece que gozan facendo sufrir á xente", lamentou o parlamentario do PSdeG.
Nesta liña, Eva Solla (Grupo Común da Esquerda) lembrou que o PP aseguraba que a modificación da Lei de Saúde "serviría para mellorar a calidade e para achegar os servizos á cidadanía". "Nós e dixemos que para o que ía servir era para continuar baleirando servizos", argumentou.
O PPDEG DEFENDE A DECISIÓN
En fronte, o parlamentario do PPdeG Aurelio Núñez Centeno asegurou que o Goberno galego e o Partido Popular van primar " sempre" a seguridade das nais e dos nenos sobre calquera outra circunstancia. "O contrario sería totalmente irresponsable", asegurou.
No debate, asegurou que as opinións profesionais "van en sentido contrario do que defenden os grupos da oposición" e pasan por "primar a seguridade fronte á proximidade ou comodidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.