Juan Vidal, un dos creadores de Guía Furanchín, a guía por excelencia para coñecer os furanchos galegos, amósase moi preocupado por unha realidade que, de seguir así, suporá a extinción total dos furanchos. Trabas burocráticas, unha normativa aberta a interpretacións, presións da hostalaría, falta de relevo xeracional... Os problemas aos que se enfrontan estes locais son moi numerosos.
As cazoletas, descritas como "buracos ou concavidades realizadas mediante picado e abrasión", atópanse tanto en estelas móbiles como en estruturas arquitectónicas
A retirada destes vestixios adoita presentarse como unha medida de respecto, pero, sempre é esta a mellor opción que temos para amosar respecto aos nosos antergos? Galicia Confidencial reflexiona sobre o tema con Olalla López-Costas, antropóloga biolóxica e profesora de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Como unha pequena farmacia no corazón de Santiago pasou de fabricar medicamentos únicos a converterse nun símbolo histórico da cidade
Roberto Pena, Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta, destaca o bo estado do patrimonio galego aínda que recoñece que en Galicia hai máis de 20.000 xacementos coñecidos, "o que fai imposible vixialos todos constantemente". "Entre plantacións e actividades cotiás, moitas veces por descoñecemento, prodúcense destrucións ou afectacións ao patrimonio cultural", afirma nesta entrevista.
En marzo de 1938 a situación semellaba desesperada para o exército republicano. A ofensiva dos sublevados de Franco obrigaba a grandes retiradas no leste peninsular. Foi entón, cando o presidente da república barallou un plan que tería cambiado a historia de Vigo e de Galicia.
O descubrimento dunha antiga cimentación revela a definición do núcleo orixinario do convento de Santa Clara para confirmar que o recinto é moito máis antigo do que se cría e que estaba composto por tres edificios.
O Entroido Ribeirao, que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba, en Chantada, é unha das mostras de Entroido tradicional galego máis antigas e de maior valor etnográfico
O proceso de recuperación do Entroido de Samede comezou de maneira casual. "Todo empezou cun traballo escolar para o meu fillo", explica Emilia Cagiao
Xosé Manuel Seixas, coñecido como o 'Home Entroido', leva máis de 30 anos dedicados á investigación e recuperación das máscaras e tradicións do Entroido galego
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras do Entroido de Sande da man de Mónica, membro da Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande, que nos conta os pormenores das Bonitas, recuperadas no 2002, do Oso, da Vaca e das Avutardas. Ademais, explica a particularidade tan especial que ten nesta parroquia a queima do Meco.
O Consello da Xunta aprobou este luns o decreto que declara Ben de Interese Cultural o 'Entroido' galego, ao considerar acreditado o seu valor singular como "patrimonio inmaterial" da comunidade, tal e como explicou o xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda.
O vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, culpou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do atraso que acumula o proxecto de rehabilitación; mentres que desde o goberno local, o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, asegura que o político popular está "desnortado".
Galicia Confidencial fala con Edgard Camarós, profesor na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e arqueólogo que traballa directamente con restos humanos, que considera que "cun resto humano empatízase de maneira inmediata e é un fío condutor extraordinario nun museo para entender que detrás de calquera outro resto está o ser humano", polo que "non debemos deixar de pensar que a Historia é tan social como biolóxica".
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras recuperadas do Entroido de Mugares da man de Roberto, o presidente da asociación cultural organizadora, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Mazarucos, Señoritas e Labardeiros haberá tamén representación das Comedias.
A intervención na igrexa, que conta cun financiamento da Xunta de Galicia de case 450.000 euros, está enfocada na renovación da cuberta e a sancristía
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras recuperadas do Entroido de Salcedo da man de Lucas, o presidente da Asociación de Veciños, que nos conta todos os segredos que agocha esta celebración, cada ano máis exitosa.
O GC comeza a semana grande do Entroido coñecendo as curiosidades do Entroido de Budián da man de Lucas, unha das persoas implicada na recuperación desta festividade, que logrou volver celebrarse no ano 2021, despois de máis de 65 anos esquecida.