Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2025 | Actualizada ás 15:58
A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, anunciou este venres que o Goberno galego insistirá ao Museo Frederic Marès de Barcelona para que devolva dúas esculturas do mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro, no concello pontevedrés de Silleda.
Así o confirmou en resposta a unha pregunta rexistrada polo Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galegoen na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, na que a directora xeral debullou os contactos mantidos coa institución catalá por parte da Administración autonómica respecto desta cuestión.
Neste sentido, Martínez manifestou a "clara decisión" da Xunta para levar a cabo "todas as xestións necesarias" co obxectivo de que ambas as esculturas regresen ao seu lugar de orixe. Así, informou de que o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enviou unha carta ao museo catalán para insistir nesta reclamación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.