En concreto, o mandatario autonómico foi preguntado sobre a información que adiantou 'El Mundo' que fai referencia a que a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) realizaría un cambio na listaxe inicial pasando a colocar a Balaídos por baixo de Anoeta, o que deixaba fóra o estadio de Vigo.
Xunto con outro compañeiro, Pablo Teijeiro, rematou unha ruta "infernal" na que o frío, a chuvia e vento da borrasca Martinho dificultaron moito este reto que facía para visibilizar as enfermidades raras. Sufriu "alucinacións" de non durmir, hipotermia e ventos de máis de 40km pero, finalmente, entrou no Obradoiro pasadas as 23 horas deste domingo.
Maite Rojo, atleta, mariña e colaboradora do GC, inicia un novo reto. Percorrerá o Camiño Primitivo, 312 quilómetros, esta fin de semana dun tirón. Aínda que xa leva por diante numerosas probas coma esta, sempre hai un aquel de nervios antes do inicio. A corredora quere dedicarlle aos seus pais esta carreira pensando en visibilizar as dificultades que atravesan persoas con enfermidades raras e o tortuoso que pode ser para elas.
Este mozo apaixoado pola pesca logrou aos seus 18 anos captar xa a atención de milleiros de seguidores nas redes sociais grazas aos seus consellos, trucos e experiencias persoais. A través da súa conta de Instagram, @fishinggalicia, Carlos comparte os seus coñecementos e o seu amor por este deporte, amosando non só as técnicas máis efectivas, senón tamén a conexión única que se establece entre o pescador e o medio ambiente.
Saúl Vázquez é preparador de halterofilia, un deporte que aínda non despuntou na Mariña mais que xa comeza a dar froitos en Galicia. Xunto co seu socio Hugo García, Saúl leva adiante o Quenlla Crossfit de Foz.
O centro permitirá aumentar os programas de rendemento deportivo que, a día de hoxe, se levan a cabo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), en Pontevedra, así como complementar a práctica das novas modalidades con servizos educativos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu ao presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, "que tome decisións" tras as afirmacións do conselleiro Diego Calvo, sobre a falta de influencia da cidade á hora de postularse como sede para o Mundial, e do vicepresidente da Federación Galega, Fernando Iglesias, que constatou que a candidatura viguesa non quixo contar con esta entidade.
O ciclista canadense levou o triunfo final, mentres que Magnus Cort Nielsen gañou a última etapa entre Betanzos e Santiago.
O expresidente de Cantabria será o encargado de ler o pregón desta festa dada a súa grande afección á pesca e aos lazos familiares que o unen coa Pontenova.
O clube vigués respondeu con música antifascista aos cánticos fascistas dos siareiros do Betis o pasado fin de semana.
Os seis máis importantes suman 111 millóns de euros de valor no mercado. Hai xogadoras que están nos principais clubes europeos.
O Galicia Confidencial entrevista a Martín Barcala Furelos, investigador na Universidade de Santiago de Compostela (USC), coautor do artigo 'League of Legends: rendemento de xogadores a través das capacidades físicas e psicolóxicas'.
Martín Barcala Furelos, investigador na USC, advirte de que, "dous terzos da poboación infanto-xuvenil non cumpre coas recomendacións mínimas diarias de actividade físico-deportiva da OMS, é dicir, non fan unha hora diaria de actividade físico-deportiva a unha intensidade entre moderada e vigorosa", o que equivale "á diferenza entre coller o ascensor ou subir polas escaleiras".