Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/03/2025 | Actualizada ás 18:05
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu que, na súa opinión, os "responsables" de efectuar a valoración relativa ás sedes do Mundial de Fútbol 2030, deben dar explicacións ante a polémica xurdida. En concreto, o mandatario autonómico foi preguntado sobre a información que adiantou 'El Mundo' que fai referencia a que a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) realizaría un cambio na listaxe inicial pasando a colocar a Balaídos por baixo de Anoeta, o que deixaba fóra o estadio de Vigo.
"É unha noticia que coñecemos hoxe, unha valoración e, por tanto, as explicacións, que creo que hai que dalas, terán que dalas os responsables de facer esa valoración. Se houbo cambio ou non houbo cambio", esgrimiu Rueda, quen presidiu en Ferrol a reunión semanal do Consello da Xunta. En todo caso, o mandatario galego esgrimiu que a Xunta manifestou no seu día, nun acordo do Consello precisamente, a súa "dispoñibilidade a colaborar, dentro dunhas condicións que, no financiamento" das sedes que se decidisen para Galicia. "Aí pouco máis podo dicir que a nosa disposición", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.