Galicia, con 564 puntos, colócase no nivel alto da táboa entre os 116 países analizados por EF-EPI, fronte ao nivel medio no que se sitúa España, con 538 puntos. Tamén está moi por enriba (87 puntos máis) da media mundial, de 477, segundo os datos dun estudo de Education First (EF).