Margallo en Vigo: "Dicir que a economía vai como Taylor Swift é unha licenza poética que non se corresponde cos números"

O exministro de Exteriores e eurodeputado do PP José Manuel García-Margallo asegurou que a economía española "ten problemas estruturais moi severos".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/06/2024 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

O exministro de Exteriores e eurodeputado do PP José Manuel García-Margallo asegurou que a economía española "ten problemas estruturais moi severos", polo que criticou as palabras do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, cando dixo que España vai como Taylor Swift. Así o sinalou ante os medios de comunicación antes de acudir ao atopo Diálogos para o Desenvolvemento celebrado este martes en Vigo, onde participou tamén a expresidenta de Ciudadanos Inés Arrimadas.

Alí, García-Margallo dixo que España segue sendo o país da Unión Europea con máis paro, que entre os mozos alcanza o 28 %. Tamén lamentou o escaso crecemento da produtividade na última década, cun 0,3 % segundo os seus datos. Ademais, lembrou que en 2025 "acabouse o recreo" e volven as regras fiscais que obrigan aos estados a non gastar por encima do que se ingresa. "Isto obrigaría ás grandes forzas políticas a facer uns pactos como foron os Pactos da Moncloa, pero non parece que iso vaia a pasar. E seguiremos entón nunha situación moi complicada", engadiu.

"O índice de malestar social, que é a suma de inflación e paro, é o máis grave da UE. E no período deste Goberno aumentou un 44 %. Dicir que a economía vai uns días como unha moto, outros como un foguete e outros como Taylor Swift non deixa de ser unha licenza poética por parte do presidente do Goberno que non se corresponde cos números", sentenciou.

Na súa exposición, Margallo falou do contexto mundial e europeo, no medio dun "cambio profundo", cun "cuestionamiento da orde liberal internacional que se pode acelerar aínda máis tras as eleccións europeas e en Estados Unidos". "Emerxen novos actores como China e India", explicou, que suman o 30 % do Produto Interior Bruto (PIB) mundial. Para el, isto vai determinar unha relaxación das regras comúns, que xa eran "moi tenues" e cada vez "serán menores".

Ao seu xuízo, Europa está nunha situación "moi complicada", polo que urxiu centrarse en incrementar a competitividade e "facer as cousas mellor que as fan outros". "Probablemente haxa que darlle un repaso ás normas sobre competencia", subliñou, para falar de que ata agora a idea centrábase en fragmentar as sociedades para que non houbese concentracións de poder económico que acaba coa competencia, pero dixo que nas grandes tecnolóxicas mundiais iso non ocorre.

Inés Arrimadas e José Manuel García-Margallo este martes en Vigo
Inés Arrimadas e José Manuel García-Margallo este martes en Vigo | Fonte: PEDRO DAVILA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta