Dende o Galicia Confidencial falamos coa profesora da área de Física Atómica, Molecular e Nuclear da USC María de los Ángeles López Agüera, que leva traballando no deseño de protocolos de comunidades sostibles dende o ano 2015, no ámbito dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.
O conselleiro de Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación do Territorio de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones, falará nun foro en Bruxelas en nome de Galicia, Asturias, Cantabria e a súa Comunidade para expor a situación real do lobo nestes territorios, que concentran máis do 90 % dos exemplares desta especie de todo o país.
Segundo informa Meteogalicia, ata 587 raios foron captados pola súa rede de detectores, centrándose a maioría deles entre as 10.00 e as 12.00 horas desta mañá.
A Universidade de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proxecto de acción contra o cambio climático que inclúe o deseño dunha metodoloxía para elaborar mapas de calor, así como a localización de refuxios climáticos nos concellos galegos, atendendo ás necesidades de biodiversidade.
A situación segundo sinala o sindicato, xera a súa indefensión ante a imposibilidade dun peche total das parcelas e as instalacións. Todo isto, apuntan, vai configurando un contexto que "só pode ir a peor nos próximos meses"
Millán Mon demandou que, no seo da OMI, se inclúan "normas vinculantes máis estritas, como o uso de embalaxes de alta resistencia certificados e procedementos de estiba baixo cuberta en todos os casos, para minimizar fugas e derrames de granzas de plástico".
Os colectivos contra Altri lembraron no encontro convocado este martes que o conselleiro delegado da multinacional, José Soares de Pina, afirmara en rolda de prensa que "eles non fan investimentos en terras onde non os queren"
Na actualidade a maioría do terreo continua sendo propiedade de particulares, aproximadamente un 80% dunha zona que se estende por cinco municipios
A reserva dos encoros galegos sitúase en 2.205 hectómetros cúbicos, o 59,4 % da súa capacidade, o que supón un lixeiro descenso de catro décimas respecto da semana pasada, segundo os datos que publica o Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes.
A Administración explicou que foi a Dirección Xeral da Mariña Mercante, do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a que centralizou a reclamación polos custos ocasionados tanto ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico como á Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (Sasemar)
A asociación ecoloxista Adega lanza unha campaña de recadación para recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o polígono eólico 'Restelo', que prevé a instalación de seis aeroxeradores de 200 metros de altura en Navia de Suarna, Baleira, Becerreá e A Fonsagrada.
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro Martínez Abraín pon sobre a mesa que a idea de que o CO2 podía influír sobre o clima e a temperatura non é nada novo, senón que foi plantexada xa polo científico sueco Arrhenius, a finais do século XIX e comezos do XX. A Margaret Thatcher, a primeira ministra británica conservadora, víñalle ben retomar esa hipótese no seu afán por independizarse dos Países Árabes e do petróleo que estes lle proporcionaban, fomentando a enerxía nuclear.
Esta creatividade foi presentada a concurso por un equipo madrileño, bautizados como "Esto no es un grupo de arquitectura", e obtivo o 49,45% dos votos. A edición deste ano xa está en marcha, a temática escollida é o cambio climático e aínda se poden inscribir propostas.
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está completamente mediatizada" e, "se a día de hoxe un grupo de investigación plantexa un estudo sobre a influencia, por exemplo, das nubes sobre o clima, ninguén lle vai dar financiamento, porque vai en contra do dogma", tal e como xa aconteceu en Dinamarca. "Vivimos nuns tempos case inquisitoriais para a Ciencia", lamenta.
Segundo sinalan, esta medida supón "un atropelo ao dereito da sociedade civil de estar informada e participar nas decisións relativas a un sector cuxas actividades supoñen un impacto innegable sobre os ecosistemas e a saúde das persoas"
As previsións meteorolóxicas indican que unha profunda borrasca de 940 milibares situada entre Islandia e Irlanda deixará fortes ventos de compoñente sur en toda Galicia
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, pediu "sensatez" ante a proliferación de denuncias de "certas organizacións" en "absolutamente todo e para todo".
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, diques, rompientes e paseos marítimos. Pide que se extremen as actividades no mar