Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2024 | Actualizada ás 13:07
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) informa de que unha praga de moscas afecta a unha vintena de concellos, polo que urxe á Xunta a tomar medidas ante esta problemática. Nun comunicado, a Fegamp pide que a Xunta aborde de forma urxente con estes municipios de forma coordinada a atención ante a praga desde os ámbitos competentes no medio rural, medio ambiente, sanidade e administración local.
Así, avoga por que se debería tomar como referencia o procedemento no caso da velutina, xa que comeza a agudizarse en diferentes municipios. A Fegamp apunta que o pasado 23 de abril mantívose un encontro tras varias peticións desde Nadal. Apunta que pola súa banda se levaron a cabo as tarefas establecidas (pon de exemplo un informe da Universidade de Vigo sobre a situación da praga en Tomiño), pero resta que a Xunta convoque "con urxencia" aos municipios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.