Antón Fente, membro de 'Por Chantada' e concelleiro desta formación na localidade lucense. Nesta entrevista explícanos cales son as motivacións e os obxectivos detrás do Manifesto Agora Galicia, onde varias forzas locais fan un chamado á unidade de grupos políticos locais fronte aos grandes partidos. Dar voz á veciñanz, recuperar o espírito de irmandade, ser partidos máis próximos á xente e ofrecer novas vías de facer política, son algúns dos puntos que Antom Fente asume como propios de Agora Galicia
  comenta   1
Juan Vidal, un dos creadores de Guía Furanchín, a guía por excelencia para coñecer os furanchos galegos, amósase moi preocupado por unha realidade que, de seguir así, suporá a extinción total dos furanchos. Trabas burocráticas, unha normativa aberta a interpretacións, presións da hostalaría, falta de relevo xeracional... Os problemas aos que se enfrontan estes locais son moi numerosos.
  comenta   0
Da man de María del Pilar Freire Esparís, profesora xubilada de Historia Económica da USC, tratamos de recuperar o protagonismo que as mulleres tiveron no pasado, desmantelar estereotipos e poñer en valor o rol esencial que desempeñaron. "As mulleres traballaron no campo e mesmo o fixeron máis que os homes, porque elas participaron moi activamente no que é o traballo estritamente agrario, pero tamén eran as encargadas das tarefas da casa e do coidado dos membros máis vulnerables da familia", reivindica.
  comenta   0
Dirixentes populares galegos acusan a Sánchez de "desentenderse" das políticas de acceso á vivenda e reclaman avances para o rural e o sector gandeiro
  comenta   0
Extinguido un incendio forestal en Tui que afectou cinco hectáreas.
  comenta   0
Son, en total, case un milleiro de profesionais que ata o 2023 viñan traballando ao longo de seis meses ao ano e que, a partir deste momento, e de maneira progresiva, foron incrementando os seus contratos para chegar ao oito meses en 2025 e ao nove en 2026 e anos sucesivos.
  comenta   0
Empezaron con ovellas e cabras para agora incorporar gando vacún, concretamente 20 bois, no que será o terceiro proxecto da Fundación Ramón González Ferreiro, quen puxo en marcha a granxa.
  comenta   0
Na reunión, cordial e construtiva, analizáronse diversas cuestións relacionadas coa produción da pataca certificada e estudáronse novas oportunidades dentro do mercado.
  comenta   0
A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe de Galicia (Aperfasa) denuncia que se triplicaron os danos producidos polo porco bravo.
  comenta   0
A Consellería de Medio Rural "tivo que ter enviado o pasado 1 de marzo os importes calculados da axuda da colleita en verde" ao Ministerio de Agricultura, segundo sostén o sindicato.
  comenta   0
O Goberno central destina 23 millóns para ampliar a conexión 5G en 181 concellos do rural galego.
  comenta   0
O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Failde, sinala que esta noticia non debe interpretarse só en negativo, pois "Galicia podería converterse nun motor tractor de recursos para a investigación e para testar os servizos que precisan os maiores que podería ser de utilidade non só para a comunidade e os seus cidadáns, senón tamén para o conxunto da UE de cara ao futuro".
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Ofelia Rey Castelao, historiadora galega de recoñecido prestixio que ten investigado moito sobre as mulleres traballadoras e migrantes e que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "as mulleres tiveron que traballar ao longo de todas as épocas históricas", moitas delas acabaron dende o século XIX "migrando cara as grandes cidades e cara América", e non todas coa intención de casar.
  comenta   0
O proceso de recuperación do Entroido de Samede comezou de maneira casual. "Todo empezou cun traballo escolar para o meu fillo", explica Emilia Cagiao
Este pago realízase pola existencia dun grupo de beneficiarios que non puideron percibir as axudas correspondentes á campaña de 2024 no mes de decembro por non estar terminados todos os controis preceptivos.
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial falamos con Patricia, mestra da EEI de Rubiós, que asegura que hai moitos proxenitores aos que lles encanta o modelo educativo das escolas unitarias pero que non poden levar a elas aos seus fillos pola falta de servizos de conciliación.
  comenta   0
A Xunta négao. Os e as investigadoras denuncian que esta situación está provocando que moitos deles pensen en deixar o centro e buscar outras ofertas no extranxeiro.
  comenta   0
FACUA Galicia reclamou este luns ao Goberno central que non deixe sen servizo aos usuarios de zonas rurais no novo mapa de buses estatais e advertiu de que estará "vixiante" para que poidan facer uso deste servizo e para que a reordenación na que se traballa mellore a calidade do modelo concesional de rutas.
  comenta   0
De que o galego está a perder espazo como idioma xa ninguén o nega. Soamente o fan os que, sen dicilo, traballan caladamente pra que vaia esmorecendo.
  comenta   0
O nacionalista substitúe a Antonio Míguez nun municipio gobernado polo BNG desde hai décadas
  comenta   0
As persoas que realizan tallas de árbores baixan en 5.222 respecto ao ano anterior e teñen unha idade media de 64 anos.
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial falamos con Karina Mouriño, mestra da EEI Taboexa, que reivindica o impacto tan positivo que estas escolas teñen na sociedade galega e denuncia a insostible situación que atravesan na actualidade, moi esquecidas pola Administración e cun goteo continuo de peches ano tras ano.
  comenta   0
Galicia Confidencial fala con Pedro Ferreira Santos, investigador da Universidade de Vigo (UVigo) e coordinador do proxecto NewPower xunto ao profesor Gil Garrote Velasco.
  comenta   0
O vindeiro sábado 15 de febreiro ás 17.00 horas, todos aqueles preocupados polo devir da educación en Galicia teñen unha cita na escola unitaria de Taboexa (As Neves), onde se celebrao primeiro encontro de 'Orgullo de unitarias'.
  comenta   0
Xulgados galegos condenan a bancos a devolver máis de 20.000 euros a clientes vítimas de estafas bancarias.
  comenta   0
Ante esta situación, Unións Agrarias pide ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, que "abra unha excepcionalidade" para a xustificación das axudas da Política Agrícola Común (PAC).
  comenta   0
Paula Fernández pecha así o ciclo que iniciou o pasado mes de abril cun balance marcado pola vocación de "trasladar a sensibilidade, a voz dos veciños do Deza en asuntos que levaban moito tempo pendentes".
  comenta   0
Xosé Benito Reza, exdirector xeral de conservación da natureza durante o bipartito analiza neste artigo as implicacións sociais e medioambientais que vai supor para Galicia a instalación dunha megacelulosa en palas de Rei.
  comenta   3
A realidade é que "o xabaril non está baixo control", lamenta o responsable de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias (UU.AA.), Jacobo Feijóo, que asegura que "só coa caza social non chega", como evidencia o importante incremento de accidentes de tráfico por atropelo destes animais e o aumento das súas incursións en núcleos urbanos e periurbanos.
  comenta   0
Trátase dun traballo de fin de grao de doce alumnos/as da EMAV, Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona, que teñen previsto ambientar no rural de Monforte. Para poder facelo realidade impulsan un crowdfunding na plataforma verkami.
Francisco Javier Expósito incidiu en que, nos seus case 24 anos de historia, o museo concibiuse como un espazo "contemporáneo, vivo e dinámico".
  comenta   0