Por Galicia Confidencial | Allariz | 16/03/2025 | Actualizada ás 10:00
20 bois das razas Minhota e Vianesa xa pacen nos prados da granxa O Rexo dentro dun proxecto que ten como obxectivo a cría e engorde de gando vacún de razas autóctonas de Galicia e Portugal. O proxecto estudiará a diferente evolución dos distintos animais que estarán alimentados dentro dun réxime semiextensivo. Despois do proceso de engorde os bois venderanse para o seu consumo nas liñas de hostaleira ou consumo particular.
Os animais, de entre 2 e 4 anos, permanecerán nos prados e cortes da granxa ata alcanzar a configuración cárnica necesaria para a súa venta. A granxa conta con 21 hectáreas de terreo onde os bois recibirán unha alimentación natural cuia base principal será o pasto e o forraxe.
PROXECTO O REXO
A Fundación Ramón González Ferreiro puxo en marcha a granxa do Rexo coa intención de recuperar superficies agrarias abandonadas e introducir nova actividade económica para revitalizar o mundo rural. Despois do rabaño de ovellas lartxas para a produción de leite e o rabaño de cabras en pastoreo extensivo e virtual, a cría e engorde de gando vacún é o terceiro proxecto que a Fundación pon en marcha. Para impulsalo contou coa Fundación Juana de Vega, coa que xa tiña colaborado noutros proxectos, e coa Fundación vasca OKELAN, con longa traxectoria na cría e comercialización de gando vacún.
Allariz ten una longa traxectoria histórica ligada o boi. A Festa que se celebra todos os anos nos días do Corpus, organizada pola asociación Xan de Arzúa, e as xornadas anuais de carne de boi, nas que participa activamente toda a hostaleira da vila de Allariz, dan boa conta do interese por este sector cárnico. Agora a Fundación Ramón González Ferreiro pon un chanzo máis nesa tradición sumándose a outros proxectos locais de cría e engorde de bois.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.