Ao ser preguntado o responsable, este recoñeceu que non ten permiso para ter o corzo, e explicou que o atopou no monte.
  comenta   0
Roberto Hermida, presidente de Morcegos de Galicia, conta ao Galicia Confidencial que "na Península Ibérica temos parques eólicos que son auténticos matadoiros de morcegos", situados en zonas de paso migratorio. Ao ano calcúlase que morren uns 600.000 morcegos a causa do impacto dos aeroxeradores, xa sexa directo ou indirecto.
  comenta   0
Fai cousa de dous meses e medio abriu a tenda 'online' PinkPeas, con todo tipo de produtos de alimentación, suplementación, xoguetes e hixiene animal. Teñen comida para cans, gatos, coellos, cobaias, chinchillas, aves e ata tartarugas. Hoxe, dende o GC falamos con Carla Aparicio, a súa directora e fundadora da primeira clínica veterinaria vegana en España: LidaVet.
  comenta   1
A mostra, que poderá ser visitada durante todo o mes de novembro no Auditorio Municipal, inclúe unha coidada selección de imaxes que amosan a singularidade desta raza autóctona en perigo de extinción.
  comenta   0
Gadis repartiu un total de 80.727 quilos de produtos de alimentación e hixiene que recolleu na sexta campaña 'Alimenta a amizade', informa.
  comenta   0
A perito xudicial en Arqueoloxía especializada en cultura celta África Castañeda confesa ao Galicia Confidencial que, "se se trata de recuperar a celebración tradicional tirando máis para o Halloween que para o Samaín, probablemente se remate perdendo".
  comenta   0
Por destino económico dos bens, o sector industrial con maior influencia negativa na evolución da taxa anual do índice xeral foi o de enerxía, que caeu un 16,8 %, 10,6 puntos por baixo da de agosto, debido ao descenso dos prezos da produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica, do refino de petróleo e, en menor medida, da produción de gas, e a distribución por tubaxe de combustibles gaseosos, fronte ao incremento no mesmo mes de 2023, segundo os datos que publica este venres o INE.
  comenta   0
A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) alertou de que, en concreto, a EHE, unha enfermidade que afecta especialmente o gando vacún, provocou, en numerosas comarcas leiteiras e en especial en Galicia, unha afectación de máis do 95 % das granxas, producindo un alto nivel de mortalidade e síntomas moi graves nas vacas.
  comenta   0
Esta feira, que reúne a máis dun milleiro de cabalos e é a máis antiga de Europa e Galicia, viu o aumento, desde a pandemia, da xente que se dedica a comercializar equinos.
  comenta   0
"Hai que dar a coñecer cales son as conscuencias para o animal e o perigo para os humanos", apunta Esther Valderrábano. Marcelle Natureza albergará un curso sobre esta cuestión estes próximos 26 e 27 de outubro.
  comenta   0
O obxectivo é "evitar o desarraigamento que supón que moitas persoas maiores teñan que pasar a última etapa das súas vidas a moitos quilómetros da casa e dos seus seres queridos e encerrados en macrocomplexos masificados e pouco humanizados, ou pagar residencias privadas con tarifas moitas veces inasumibles para as familias".
  comenta   0
A súa familia é a propietaria de gandaría Quintián, no concello lucense do Páramo, e dende ben nova, esta paramesa de 23 anos se interesou pola gandaría e os concursos, algo que quere vincular á futura profesión que está estudando: veterinaria.
  comenta   0
Desta forma incorporaranse novidades como estudos actualizados ou a nova normativa en relación á atención a persoas con discapacidade ou a evacuación de animais domésticos.
  comenta   0
A plataforma 'Lugo non quere cheiros' sae á rúa este venres para esixir "a paralización" do proxecto de Coeses. A manifestación contra a instalación da planta de biometano na parroquia lucense partirá ás 20,30 horas da Horta do Seminario
  comenta   0
Galicia recibirá 2,8 millóns de euros do Estado para loitar contra a EHE. En total, serán 5,6 millóns en axudas directas coa achega de Medio Rural.
  comenta   0
Xa rematada a recollida, realizada entre a primeira e a última semana de agosto, lamenta que "tivemos un inverno moi chuvioso e con moitísima humidade, o que provocou que en moitas zonas de Galicia non se puidese sequera entrar a cultivar as leiras", convertidas en auténticas lameiras polas incesantes choivas.
  comenta   0
Así o anunciou este luns o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na súa comparecencia semanal tras a reunión do Consello de Goberno. Concretamente, seguiranse compensando as mortes dos animais positivos por esta doenza e, ademais, subvencionaranse os custos dos tratamentos veterinarios e desinsectantes dos animais e instalacións das explotacións afectadas en 2023 e 2024.
  comenta   0
Un xabaril e un cabalo causan senllos accidentes, resultando tres persoas feridas en Ponteceso e unha en Gondomar.
  comenta   0
O investigador do CiMUS Jesús Requena charla co Galicia Confidencial sobre os prións e o seu risco para seres humanos e animais. Non foi ata 1982 cando se 'propuxo' a existencia dos prións, probada nos seguintes 20 anos. Da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob ás vacas tolas, pasando pola actual 'enfermidade do cervo zombie' ou a tembladeira das ovellas.
  comenta   0
Haberá unha orde de axudas directas que se concederán sobre a base de datos de afectados coa que conta a Consellería (onde figuran as explotacións que rexistraron casos tanto en 2023 como en 2024), de forma que se evita aos gandeiros burocracia e "cubrir unha infinidade de papeis".
  comenta   0
A presenza do mosquito tigre notificouse por primeira vez en Galicia a principios de agosto de 2023 no concello de Moaña.
  comenta   0
Continúa o avistamento e a interación dencadorcas con embarcacións en todo o litoral atlántico galego e portugués. Os expertos insisten en evitar a navegación preto destes mamíferos xa que as crías ven nos temóns un novo xeito de xogo.
  comenta   0
Na primeira poxa adxudicáronse a totalidade dos animais a 13 explotacións, divididos en 42 lotes con tenreiras nadas entre 2021 e 2022, con ou sen cría.
  comenta   0
O sindicato lembra que unha parte importante da cabana gandeira pasa esta doenza "sen apenas síntomas" e que, ademais, trátase dunha enfermidade que as reses non poden transmitir aos ser humanos.
  comenta   0