Por Galicia Confidencial | Muros | 30/09/2024 | Actualizada ás 11:24
Ata dous porcos bravos apareceron mortos na praia Area Maior de Muros. Os animais poderían terse afogado durante o temporal Aitor debido as grandes ondas que se rexistraron no mar.
Foron atopados por un turista portugués que foi o que relatou o acontecido a un xornal luso. Segundo dixo, os animais poderían levar algún tempo mortos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.