Ferido un operario ao caer do tellado dunha nave no porto de Ribeira mentres reparaba as uralitas

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular o que avisou de que un traballador caera dunha altura de 8/10 metros.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/04/2025 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido ao caer do tellado dunha nave no Porto de Ribeira sobre as 16.30 horas da tarde deste martes. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular o que avisou de que un traballador caera dunha altura de 8/10 metros. O operario estaba a realizar tarefas no tellado dunha nave cando as uralitas romperon e provocaron a súa caída ao chan.

Ante iso, informouse o suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado ata o lugar para o posterior traslado do ferido ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Ademais, desde o 112 Galicia tamén se informou do suceso aos Bombeiros de Ribeira, ao GAEM de Ribeira, aos axentes da Policía Nacional e Local e aos efectivos de Protección Civil.

Porto de Ribeira
Porto de Ribeira | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta