Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2025 | Actualizada ás 21:00
Un estudo que contou coa participación dun equipo investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) confirmou que a proporción de eucaliptos é o principal factor na diminución da avifauna autóctona no noroeste peninsular.
Esta é a principal conclusión do artigo 'Eucalyptus cover as the primary driver of native forest bird reductions: Evidence from a caseta-scale analysis in NW Iberia', no que persoal da USC e do CSIC compararon 240 parches de bosque autóctono e de plantacións de eucalipto no Parque Natural das Fragas do Eume.
"A expansión das plantacións de eucalipto no Noroeste da Península Ibérica --que en Galicia xa cobren o 30% da superficie forestal-- transformou drasticamente a paisaxe e supón serias ameazas para a biodiversidade", detallou o equipo investigador nunha nota de prensa.
Deste xeito, os resultados do estudo suxiren que as plantacións de eucalipto albergan "moitas menos especies e exemplares de aves" que os bosques nativos, unha diminución que relacionan directamente co propio eucalipto "pola súa escasa oferta de alimento e refuxio".
Neste contexto, o equipo investigador propón unha solución de xestión que pasa por incorporar franxas de vexetación libres de eucaliptos dentro das plantacións, "onde a vexetación autóctona poida desenvolverse libremente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.