Fortes nevadas xa avanzada a primavera causan problemas de circulación na A-52 entre Ourense e Zamora

A media mañá establecíase o nivel amarelo na zona do Padornelo, coa prohibición de acceso a camións e vehículos articulados, e informábase de que se procedía ao 'embolsamento' de camións no quilómetro 79, sentido Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/04/2025 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A neve causou problemas para circular e condicionou o tráfico na autovía A-52 entre as provincias de Ourense e Zamora a media mañá deste mércores, cando se chegou a prohibir o paso de camións e vehículos articulados. Así, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) informaba a primeira hoera da mañá da necesidade de ter precaución debido á nevada entre os puntos quilométricos 90 e 110 da autovía, na zona do Padornelo.

A media mañá establecíase o nivel amarelo nesa zona, coa prohibición de acceso a camións e vehículos articulados, e informábase de que se procedía ao 'embolsamento' de camións no quilómetro 79, sentido Ourense. Pasado o mediodía, a A-52 recuperou o nivel verde e é transitable nese punto, pero a DGT pediu extremar a precaución ao volante. Por outra banda, a Deputación de Ourense informou de que os equipos de Vialidade Invernal traballan desde primeira hora da mañá na retirada de neve da rede viaria provincial en Trives, Manzaneda e Montederramo, tras as nevadas da pasada madrugada.

Vehículo quitaneves retirando neve na rede viaria provincial de Ourense
Vehículo quitaneves retirando neve na rede viaria provincial de Ourense | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta