Como limpar os montes que están ao carón das casas e son gasolina en caso de lumes

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen á súa disposición un visor público que dá a localización directa da parcela e sombrea a zona na que teñen que xestionar a biomasa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2025 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O 31 de maio é a data límite para que os particulares teñan limpas as súas parcelas co obxectivo de evitar incendios e a Consellería do Medio Rural puxo a disposición dos veciños, como novidade este ano, plantas dunha especie permitida para sementar nas franxas secundarias, as máis próximas ás casas.

Así o explicou a directora-xerente da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga), Luisa Piñeiro, nunha entrevista a Europa Press na que lembrou que, desde que se asinou o convenio, en 2021, inspeccionaron máis de 171.000 hectáreas.

O convenio, rubricado a pasada semana por Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga ten como obxectivo a xestión da biomasa que se atopa nas franxas secundarias que están definidas en todos os núcleos do territorio galego para previr que os incendios se poidan achegar aos núcleos de vivendas.

Un total de 288 concello galegos, xa están adheridos a este convenio e dispoñen de "varias ferramentas" para poder xestionar a biomasa. "Desde que se puxo en marcha o convenio incrementouse o número de parcelas xestionadas", enxalzou Piñeiro.

Roza de leira
Roza de leira | Fonte: Xunta de Galicia

PROCEDEMENTO

A partir da data tope para ter limpas as parcelas, Seaga comeza o plan de inspección e, das leiras que non están xestionadas, os particulares recibirán unha notificación por parte do concello para que procedan a limpar e a xestionar a biomasa. Así mesmo, aquelas leiras que quedan sen limpar que, segundo explicou Piñeiro, adoitan ser principalmente as que se descoñecen os seus propietarios, os concellos poden solicitar que Seaga execute a limpeza de 10 hectáreas anuais dese tipo de parcelas.

Outra das novidades deste ano é que o convenio recolle a dispoñibilidade, na medida do posible, de achegar plantas dunha especie permitida para sementar nas zonas das franxas secundarias, co obxectivo de evitar que todos os anos téñase que realizar a xestión da biomasa.

VISOR NA WEB

Do mesmo xeito, a directora-xerente de Seaga explicou que os veciños que non teñan listas as leiras despois da data máxima recibirán unha notificación por parte do concello. "Na carta vai a referencia catastral", detallou, á vez que lembrou que a Xunta dispón dun visor público 'Faixas secundarias Xunta' e calquera particular pode acceder.

"Está aberto e entrando coa referencia catastral dan a localización directa de onde é a parcela e tamén está sombreada a zona da leira que tería que xestionar a biomasa, que ás veces non está a totalidade da parcela incluída dentro da faja secundaria. Así se aclararía cal é a parcela e a zona que teñen que limpar", ga apuntado. Os particulares tras recibir a notificación terán que xestionar a biomasa directamente e dentro dun prazo de "15-20 días" para deixar a parcela "en perfecto estado".

A XENTE ESTÁ "MOI CONCIENCIADA"

A directora-xerente de Seaga subliñou "cada vez son máis as parcelas" que están xestionadas. "Das inspeccións que facemos estes anos sobre un 65% das parcelas están xestionadas", asegurou. Neste contexto, manifestou que a xente "está moi concienciada" porque o perigo pode ser "moi grave", polo que considera que o traballo que se realiza é "moi positivo" e os propietarios "están a responder".

Tamén aconsellou que "o ideal" é que os propietarios notifiquen por escrito, á dirección que vai na carta, que a leira xa esta é boas condicións. En canto á estimación de superficie que xestionarán este ano, polo momento non hai datos dispoñibles, xa que, a próxima semana, darán información de todos os cambios aos concellos e, a partir de aí, serán os consistorios os que solicitan as inspeccións e definiranse os ámbitos territoriais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta