A celebración desta tradición ancestral será o 19 de xaneiro, na véspera do San Sebastián, e comezará 'entre lusco e fusco' como marca a tradición. O Gran Fachón, que encabezará a procesión xunto coa imaxe de San Sebastián, mide máis de 30 metros.
O Campus Terra da USC elaborou un estudo pioneiro no que se definen as tendencias trazadas por máis de 100.000 incendios entre os anos 2007 e 2015 e ven paralelismos entre o que acontece en Galicia e California.
  comenta   0
Juan Picos Martín, enxeñeiro de montes e membro da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo), advirte da importancia de reducir o combustible dispoñible para evitar a propagación dos grandes incendios forestais. Iso, nunha Galicia con centos de miles de eidos de propietario descoñecido, pasa pola loita contra o abandono de terras e pola implicación da Administración e a sociedade no seu conxunto..
  comenta   1
As hectáreas arrasadas na provincia entre xaneiro e novembro de 2024 (700 hectáreas) superaron as cifras rexistradas, xa con datos definitivos, dos anos 2023, 2021, 2020, 2019, 2018 e 2014.
  comenta   2
Galicia rexistrou 2.592 hectáreas queimadas no que vai de 2024, o que supón un descenso en comparación coas 6.748,9 hectáreas de 2023 (con datos definitivos). As 1.785 ardidas no verán supoñen a cifra máis baixa na serie histórica en período de alto risco (xullo, agosto e setembro).
  comenta   0
Os meses con máis mortes por incendios ou explosións en vivendas na comunidade foron outubro (catro vítimas) e setembro (tres vítimas). A franxa horaria máis tráxica foi a comprendida entre as 20.00 horas e as 8.00 horas (11 falecidos).
  comenta   0
O incendio de Trabada foi o máis importante rexistrado en Galicia o ano pasado, afectou a 2.329 hectáreas e obrigou a activar o nivel 2 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais. Desaloxáronse 7 aldeas e tiveron que cortarse varias estradas, entre elas a A-8, e a alerta estendeuse ao termo municipal de Ribadeo.
Protección Civil de Portugal advirte de fortes choivas que poderían provocar esvaramentos nas zonas afectadas polos incendios dos últimos días. Algo que tamén se pode repetir nos grandes lumes de Galicia dos últimos días.
Copernicus, o compoñente de observación da Terra do programa espacial da Unión Europea (UE), advertiu este xoves de que os incendios forestais de Portugal liberaron xa o nivel máis alto de emisións de carbono de setembro nos 22 anos do conxunto de datos do Sistema Mundial de Asimilación de Incendios (GFAS).
  comenta   0
Tamén hai lumes activos en Cerdedo-Cotobade e en Porto do Son. O de Laza quedou extinguido esta tarde tras queimar case 100 hectáreas.
  comenta   0
Ao da parroquia de Pentes, que suma 150 hectáreas calcinadas, sumase un novo lume na parroquia de Barxa.
  comenta   0
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o valor engadido bruto da rama agraria e pesqueira situouse nos 3.406 millóns de euros o pasado ano 2023, é dicir, o 4,5 % do PIB de Galicia nese ano (un crecemento do 7,6 % con respecto ao ano anterior). As pragas murchan a vide, as choivas asolagan os trigais e o quencemento das augas fai fuxir aos peixes.
  comenta   0
O derradeiro día do ano 406 d. C. un exército de vándalos, alanos e suevos, pobos bárbaros para os romanos, cruzaron o Rin, a fronteira norte dun imperio en decadencia. Tomaron rumbo ao Sur, á Galia. Apenas catro anos despois, en 410, o dirixente vándalo Alarico saquearía, por segunda vez na súa historia, Roma. Non pasaran sequera 50 anos e os mesmos vándalos, capitaneados por un novo líder, Genserico, cruzaron o Mediterráneo, dende a actual Tunisia, e arrasaron, outra volta, a chamada “Cidade Eterna”.
  comenta   0
"España ordena evacuacións en rexión con récord de turistas británicos", titulan algúns medios.
  comenta   0
Este 2024 é o segundo ano con menos hectáreas queimadas da última década. Expertos afirman que as choivas que se están a rexistrar nas últimas semanas poderían paliar a sequedade do chan tras a calor de agosto.
  comenta   0
Os servizos de emerxencias lograron conter os lumes sen rexistrar danos persoais, segundo o parte de incidencias do 112-Galicia.
  comenta   0
De cara a este 2024 a Xunta de Galicia xa se marcou o obxectivo de que ardan menos de 18.489 hectáreas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. No que vai de ano os lumes de Trabada (190 hectáreas), rexistrado en abril; e Crecente (170 hectáreas), que tivo lugar en febreiro, foron os de maior superficie queimada.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial e da man da asociación Amar Carril explicámosvos o difícil que é que unha ameixa chegue viva á súa madurez con todos os perigos que a axexan dentro e fóra do mar.
  comenta   0
Estes feitos prodúcense no medio da folga convocada polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), iniciada o pasado 24 de xuño con motivo de "despedimentos inxustificados", "externalización de servizos" e "incumprimentos" do convenio.