Convértese así na única Denominación de Orixe española que forma parte deste selecto club. A noticia deuse a coñecer nunha táboa redonda organizada o pasado 25 de marzo no Liceo de Ourense.
Nesta edición (29 e 30 de marzo) terá lugar o “II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga” e a celebración contará cunha dobre localización levando os postos dos olivicultores ao núcleo urbano da vila. Ademais, nace a figura do “Embaixador do Aceite de Quiroga” que será o Chef Kike Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro en Santiago Compostela.
Rego pide transparencia e rigor e insta a facer pública toda a información actualizada. A Consellería do Medio Rural subliñou que "por agora" non hai declarada ningunha zona vulnerable á contaminación por nitratos e incidiu que "é importante ter en conta que para poder elaborar e publicar un Plan de Acción é necesario que estas zonas estean declaradas".
Un total de 28 viños, de 12 adegas diferentes, foron destacados na cata de Beth Willard para a devandita publicación de prestixio internacional.
Dende o domingo 16, e ata o 18 de marzo, o Consello Regulador promove os caldos deste territorio no marco deste prestixioso foro internacional que se celebra en Düsseldorf (Alemania).
Empezaron con ovellas e cabras para agora incorporar gando vacún, concretamente 20 bois, no que será o terceiro proxecto da Fundación Ramón González Ferreiro, quen puxo en marcha a granxa.
Na reunión, cordial e construtiva, analizáronse diversas cuestións relacionadas coa produción da pataca certificada e estudáronse novas oportunidades dentro do mercado.
Trátase dun Xeado de Queixo de Arzúa-Ulloa DOP con marmelo que nace da colaboración entre o Concello de Arzúa e a empresa Bico de Xeado.
A Consellería de Medio Rural "tivo que ter enviado o pasado 1 de marzo os importes calculados da axuda da colleita en verde" ao Ministerio de Agricultura, segundo sostén o sindicato.
Unións Agrarias insiste en esixir a Consellería do Medio Rural e Augas de Galicia unha revisión "exhaustiva" e "rigorosa" das zonas vulnerables a nitratos (ZVN) en Galicia, de forma que se controle se os niveis de contaminación detectados nas estacións de medición responden efectivamente á actividade agrícola ou a outras fonte, como a chegada do turismo masivo.
A decisión tomouse no último pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, celebrado o pasado xoves 6 de marzo.
O número de explotacións agrícolas en España reduciuse un 12,4 % entre 2020 e 2023, ata situarse en 784.141, respecto das 895.055 explotacións que había en 2020. En Galicia o descenso foi do 1,6 %, segundo reflicten os datos da enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas de 2023 do INE.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático aposta por un "protocolo con medidas de reforzo", cuxo "principal beneficio, fronte á emerxencia cinexética, é que poderán solicitarse batidas preventivas e non só cando se produciron danos".
A publicación, promovida polo recoñecido sumiller Luis Paadín, edita este ano 27.500 exemplares de 560 páxinas cada un. A D.O. Valdeorras presume de ter 27 referencias co marchamo Gran Ouro.
Ante esta situación, Unións Agrarias pide ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, que "abra unha excepcionalidade" para a xustificación das axudas da Política Agrícola Común (PAC).
O presidente do Consello Regulador, e recén nomeado presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, vén de manter un encontro co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. A xuntanza serviu para presentarlle proxectos e facer unha valoración dos recursos económicos que destina a Xunta ao territorio.
O director técnico do Consello Regulador explicou que “a maior parte do público que visitou o noso stand, xa coñecía os nosos produtos” e deulle gran valor ao interese do "público profesional do sector da restauración".
A realidade é que "o xabaril non está baixo control", lamenta o responsable de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias (UU.AA.), Jacobo Feijóo, que asegura que "só coa caza social non chega", como evidencia o importante incremento de accidentes de tráfico por atropelo destes animais e o aumento das súas incursións en núcleos urbanos e periurbanos.