A XXVI Feira do Viño de Valdeorras xa ten datas: 31 de maio e 1 de xuño

A decisión tomouse no último pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, celebrado o pasado xoves 6 de marzo.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 09/03/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Valdeorras festexará os seus viños na fin de semana do 31 de maio e o 1 de xuño. A decisión de escoller estas datas, tomada no último pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, convirte á cita deste ano na máis temperá escollida de cantas se teñen celebrado ata agora.

Recinto feiral ateigado de xente na XXIII Feira do Viño de Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras
Recinto feiral ateigado de xente na XXIII Feira do Viño de Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras

Ademais, no devandito pleno, informouse dos resultados da auditoría documental da ENAC --Entidade Nacional de Acreditación--, avaliación na que non se obtivo ningunha “Non Conformidade”. Dito proceso tiña a súa continuación coa auditoría de adega.

A orde do día tamén contemplou o nomeamento do representante do GDR e o seu substituto, a do prezo de verificación do viño rosado e a revisión das taxas analíticas, e a aprobación da modificación de diferentes procedimentos de avaliación e control de produto en viñedos e adegas.

Unha das catas (Feira do Viño 2023). Foto: CRDO Valdeorras.
Unha das catas (Feira do Viño 2023). Foto: CRDO Valdeorras.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta