Novidades na PAC de 2025: apoio a novos produtores ecolóxicos e flexibilización na rotación de cultivos

Haberá 224 millóns de euros en apoios para 23.000 agricultores e gandeiros en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2025 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A campaña da Política Agrícola Común (PAC) de 2025 contará con 224 millóns de euros en axudas en Galicia para uns 23.000 agricultores e gandeiros. Entre outras novidades, haberá un millón de euros para novos produtores en ecolóxico e flexibilizacion de rotación de cultivos. En rolda de prensa, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presentou a convocatoria de axudas a PAC 2025 que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) este mércores, as "máis importantes para o agro galego" ao supor rendas complementarias "esenciais".

Estas axudas divídense en dúas grandes liñas. Por unha banda, o groso de 180 millóns financiados con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e, por outra banda, 44 millóns correspondentes ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). A conselleira referiuse ás novidades "máis significativas" para esta campaña. En primeiro lugar, haberá un millón de euros para novos agricultores que se incorporan a ecolóxico, repartidos no medio millón para a liña de ecolóxico (gandaría e agricultura) e outro medio millón para razas autóctonas. Para iso foi necesario un "reaxuste orzamentario", xa que é "moi difícil" a modificación "dun ano para outro".

Así, a diferenza da campaña anterior, ademais de presentar solicitudes de pago no caso das axudas plurianuais de desenvolvemento rural, tamén se poderán solicitar apoios para intervencións de razas autóctonas en risco de erosión xenética, cultivos agrícolas ecolóxicos e gandaría ecolóxica. A segunda novidade pasa por unha flexibilización en rotación ou diversificación de cultivos, posto que foi "un ano complicado climatolóxicamente" e para que os agricultores non se vexan afectados as axudas da PAC. Tamén haberá 750.000 euros en axudas forestais para dedicar ao mantemento e coidado de superficies, tramitadas pola Dirección Xeral de Defensa do Monte.

PAGOS DE 2024

No tocante á campaña de 2024, a conselleira informou de que se abonaron ata este mércores un total de 160 millóns de euros, cun prazo ata o 30 de xuño. Remarca que case a metade destes apoios van á provincia de Lugo, seguida pola Coruña, que rexistra o 33 % dos beneficiarios. Paralelamente, Gómez lembrou que a Xunta fará efectivo a mediados deste mes de marzo un novo pago das axudas da PAC por importe de preto de 3,5 millóns de euros a ao redor de 1.000 beneficiarios, tal e como figura nun informe da Consellería do Medio Rural que abordaron o pasado no Consello da Xunta.

Manuel García, agricultor da Limia (Ourense) e activista ambiental
Manuel García, agricultor da Limia (Ourense) e activista ambiental | Fonte: PEDRO ARMESTRE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta