174 viños valdeorreses distinguidos na Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2025

A publicación, promovida polo recoñecido sumiller Luis Paadín, edita este ano 27.500 exemplares de 560 páxinas cada un. A D.O. Valdeorras presume de ter 27 referencias co marchamo Gran Ouro.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 19/02/2025 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A prestixiosa Guía de Viños, Augardentes e Destilados de Galicia, conta con 174 viños da D.O. Valdeorras na súa edición de 2025. Concretamente, 27 referencias contan coa distinción Gran Ouro; 44 coa de Ouro+; 77 son Ouro e 26 reciben a o marchamo de Prata.

Paadin no Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Foto: Axencia Comunicando.
Paadin no Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Foto: Axencia Comunicando.

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Marcos Prada, reivindica a “relevancia desta guía dentro do sector vitivinícola galego” polo seu “acreditado prestixio editorial” tras a visita que os editores da publicación, Luis e Alejandro Paadín, realizaron o pasado 14 de febreiro ás dependencias do organismo en Vilamartín de Valdeorras onde foron recibidos por técnicos do Consello.

A GUÍA DE VIÑOS, AUGARDENTES E DESTILADOS DE GALICIA

A edición de 2025 da publicación, da que xa se editaron 27.500 exemplares, contén 560 páxinas a toda cor e distingue preto de 2.000 referencias de viños e destilados de toda Galicia procedentes de máis de 500 bodegas e empresas comercializadoras.

A Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2025 inclúe tamén mapas climáticos e pluviométricos de cada territorio amparado galego, así como outros de carácter litolóxico e de releve das diferentes denominacións de orixe vitivinícolas da comunidade.

Os viños distinguidos co máximo selo de calidade --Gran Ouro-- están referenciados na páxina web do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta