O espazo 'Terras do Queixo' contará esta fin de semana con máis de 80 postos sendo a pregoeira a recoñecida chef galega Lucía Freitas, embaixadora da nosa gastronomía que ademais conta cunha Estrela Michelín. No apartado de concertos, un gran cartel para a noite do sábado e do domingo con nomes como Xoel López, Mondra, The Rapants, Os Melidaos e Xisco Feijoó.