Publicadas as bases de axudas á tradución ao galego de obras literarias

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2025 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle na súa publicación deste mércores as bases reguladoras para a concesión das axudas en 2025 para o libro galego, dirixidas á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Segundo explican, a finalidade é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire a a tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Entre os requisitos das axudas, cítase que a tradución da obra para a que se solicita a subvención se publique despois da data de publicación desta convocatoria. Ademais, só subvencionarase a tradución dun mesmo título. No caso de que haxa varias solicitudes para a mesma obra, subvencionarase a solicitude que obtivese máis puntos de acordo cos requisitos e, en caso de empate, a presentada en primeiro lugar.

DOTACIÓN DE 150.000 EUROS

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria da Comunidade para o ano 2025, por un importe máximo de 150.000 euros, dos cales 67.500 euros corresponden á anualidade 2025 e 82.500 euros á anualidade 2026. O importe máximo de subvención por obra será de 6.000 euros.

Imaxe dunha libraría
Imaxe dunha libraría | Fonte: Pixabay

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta