A literatura infantil galega, motor de creación cultural e linguística

O conselleiro destaca como as autoras en galego fomentan a cultura e motivan aos máis novos a aprender a lingua.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/03/2025 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou este sábado o "importante papel" que exerce a creación literaria infantil en galego para incorporar e incrementar novos lectores e falantes.

Así o sinalou durante un acto de recoñecemento á escritora Rosalía Morlán como filla predilecta do concello coruñés de Trazo, onde tamén agradeceu a dedicación "profusa e ampla" desta escritora á literatura infantil, a través de "excelsas obras".

"Autoras como ti fan cultura, fan país e fan que máis dos nosos anímense a ler máis e no noso idioma", asegurou o responsable de Cultura. A continuación mostrouse convencido de que ter referentes desde a infancia en galego, como neste caso na literatura, "sempre anima os máis novos a sacar a lingua que levan dentro".

Con todo, López Campos enmarcou esta distinción "profesional e de afecto" á escritora no "momento espectacular" da cultura galega, "tal e como están a demostrar os recoñecementos dentro e fóra da Comunidade".

Neste contexto, a Xunta indicou nunha nota de prensa que Galicia é "unha potencia e referente cultural" e que conta cun "forte tecido cultural composto por grandes profesionais de cada un dos ámbitos culturais, tanto literario e audiovisual, como escénico, artístico ou danza".

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.. A Xunta
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.. A Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta