Coñecín a don Victorino Gutiérrez Aler, exnotario de Lalín, hai ben anos. Quizais foi a finais dos anos oitenta cando contactei con el mantendo unha longa amizade baseada no compromiso e lealdade co país.
  comenta   0
Da man de María del Pilar Freire Esparís, profesora xubilada de Historia Económica da USC, tratamos de recuperar o protagonismo que as mulleres tiveron no pasado, desmantelar estereotipos e poñer en valor o rol esencial que desempeñaron. "As mulleres traballaron no campo e mesmo o fixeron máis que os homes, porque elas participaron moi activamente no que é o traballo estritamente agrario, pero tamén eran as encargadas das tarefas da casa e do coidado dos membros máis vulnerables da familia", reivindica.
  comenta   0
A Sección de Literatura celebra o xoves 27 de marzo unha homenaxe pública ao artista e escritor na Fundación Luis Seoane.
Os interesados en participar poderán presentar as súas solicitudes ata o 28 de marzo e só poderán incluír unha única candidatura acompañada dun documento, de máximo 10 páxinas, que deberá explicar o proxecto de creación literaria que desenvolverán, xénero, idioma da obra, currículo, expediente artístico e carta de motivación, entre outros.
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con María Esther Corral Díaz, filóloga e investigadora de Universidade de Santiago de Compostela (USC) que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "a Idade Media non foi unha época tan escura como a miúdo nos parece", tampouco para a muller, que gozaba de "máis liberdades das que se pensa".
  comenta   0
O Partido Popular apunta que xa se acordou para os exames de 2025 que a rebaixa da nota por incorreccións gramaticais ou ortográficas en Lingua e Literatura fóra de ata dous puntos e dun no resto de materias.
  comenta   0
Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Ana María Sixto Barcia, historiadora e investigadora do papel das mulleres no Antigo Réxime, que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Confesa que "aínda que falamos dunha sociedade oprimida, na que as mulleres tiñan poucos recursos, tamén era unha sociedade que sempre se defendía a si mesma, e, nesa loita, tamén entraron as mulleres, mesmo liderándoa nalgunhas ocasións".
  comenta   0
Un amigo agasállame cunha fotocopia dunha carta asinada por min en papel oficial da Asociación Cultural de Vigo da que eu era secretario executivo naquela altura (novembro de 1970). Estaba dirixida ás tres asociacións culturais galeguistas convocándoas a unha xuntanza para propoñerlles a creación dun premio literario cunha dotación económica importante para o tempo. Asi empezou a miña actividade de fomento da literatura, cando non había outros medios para galeguizar.
  comenta   0
O xornalista Alfonso Basterra, que se atopa en prisión cumprindo condena polo asasinato da súa filla Asunta en 2013, publicou a súa primeira novela, 'Cito', da man de Edicións Vitruvio, e que dedica á nena.
  comenta   0
Un estudo de investigadores da USC pon en valor a figura desta hispanista norteamericana.
  comenta   0
“Aquí non hai silencio porque hai homes / falan os homes falan / aquí non pasa o vento esa fantasma / os homes falan falan / e fórmase outro vento outro rebumbio /…” (“O gato na tasca mariñeira”, en Profecía do Mar, Bernardino Graña)
  comenta   0
David crea contido sobre recomendacións literarias na súa conta de Tik Tok e faino en galego, consciente de que "o feito de que calquera persoa, pero especialmente os rapaces, poida ver o contido que lle gusta en galego con total normalidade é moi importante".
  comenta   0
Resenha de "Sempre em Waikiki", a obra de estreia de Suso Samartinho. Por Joan-Marc Passada i Casserres.
  comenta   0
O concello impulsa o ciclo 'Encontros culturais de inverno' que pretende ser un lugar de encontro para as noitiñas de inverno. Entre os obxectivos está levar opcións culturais e de lecer ás parroquias.
  comenta   0
Membro do grupo Brais Pinto, tamén cultivou a literatura infantil, o teatro e a novela.
  comenta   0
A conmemoración inclúe exposicións, novos premios literarios e unha homenaxe a Castelao ao longo de 2025
  comenta   0
Segundo informou o CCG nun comunicado, o material cedido está composto de 320 rexistros realizados por preto de 500 escolares deste centro entre 1989 e 2004.
  comenta   0
A localización dos lugares sacros busca achegar aos interesados na literatura medieval os espazos reais daquela poesía de santuario, coa intención de que os visiten e observen a transcendencia de sitios que gozaron dun recoñecemento colectivo e que, co paso do tempo, nalgúns casos perdérono.
  comenta   0
Nel reunirá os seus contidos divulgativos ao redor do próximo Día das Letras Galegas, que se lle dedica este ano á poesía popular oral e ás 'cantareiras'.
  comenta   0
O Culturgal 2024, celebrado hai unhas semanas, reuniu en Pontevedra a 12.700 persoas. Dentro da ampla programación que se desenvolveu do 29 de novembro ao 1 de decembro espertou grande interese un espazo profesional que formaba parte do programa europeo MATE (Música, arte, tecnoloxá e educación).
  comenta   0
Manuel Miragaia (A Coruña, 1958), profesor e escritor, autor do libro 'A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturais', reivindica nesta obra o recoñecemento oficial por parte da comunidade autónoma de Asturias da comarca do Eo-Navia e, á súa vez, a variante lingüística galega, alén dunha normalización fluída e respectuosa das relacións e intercambios culturais entre Galicia e o Eo-Navia, que poden ser moi produtivos e beneficiosos para os dous pobos. Tamén defende nela a necesidade da creación dunha Academia da Lingua Galega do Eo-Navia.
  comenta   0
O escritor galego advirte sobre os "negacionistas" e o poder das mentiras e a desinformación. Ante a dana, o escritor chama a "reforzar o sentido de comunidade" e advirte que os negacionistas non poden estar "na cabina de mando".
  comenta   0
Fíxose unha lectura continuada de 'Memorias dun neno labrego', "unha das obras máis universais da literatura galega e, de feito, a máis traducida e editada".
  comenta   0
En ocasións un comeza a escribir sen saber moi ben o porqué. Este acto, en inicio, non conlevaría moitos 'paus'; a contenda comeza cando o escritor anhela chegar ao maior número de lectores posibles e converter a súa obra nun best seller.
  comenta   0
"Vivimos un momento no que a lingua está a pasar unha época crítica", asegura. "Houbo días nos que pensaba que a literatura podía influír na sociedade", conta o escritor, que admite que agora o que pensa é que o primeiro compromiso do escritor "é escribir e non desapegarse da vida"
  comenta   0
A súa compañeira, Karla da Silva, será a encargada de abrir a xornada de homenaxe, que se celebrará esta tarde ás 17.00 horas na Fundación Barrié, de entrada libre que poderá seguirse en directo en academia.gal e a canle de Youtube da RAG
  comenta   0
O xurando destacou que: "poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron alcanzar tal recoñecemento a nivel mundial"
  comenta   0
O GC fala con Eva Cameán, propietaria da libraría Clarión de Carballo, que se fixo viral nos últimos días en Tik Tok por respostar ás críticas recibidas por falar en galego nos seus vídeos.
  comenta   0