Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2025 | Actualizada ás 11:29
A Real Academia Galega lanzou o sitio web 'Letras Galegas 2025', onde reunirá os seus contidos divulgativos ao redor do próximo Día dás Letras Galegas, que se lle dedica este ano á poesía popular oral e ás 'cantareiras'. A nova sección de academia.gal arrinca coa presentación da celebración da académica Ana Boullón Agrelo e unha tribuna do académico Antón Santamarina.
Segundo destacan nun comunicado, ambos foron impulsores dunha candidatura que "recoñece o valor dun patrimonio construído colectivamente, que ten ás mulleres como figuras destacadas na creación, preservción e transmisión da literatura popular e que constitúe, á súa vez, unha reivindicación da lingua, falada e cantada, que tende pontes entre a tradición e a vangarda". Avanzan que o espazo web crecerá nas próximas semanas con entrevistas e reportaxes sobre o patrimonio e as persoas ás que se lles rende homenaxe.
Servirá ademais de plataforma de presentación da serie documental das Letras Galegas 2024 que a RAG produce, así como da nova edición de Primavera das Letras (o proxecto que se enfoca no público máis novo) ou dos contidos relacionados co tema que ofrecerá Portal das Palabras. Ademais dos recursos propios, a Academia reunirá nesta sección unha selección de referencias audiovisuais e bibliográficas doutras institucións e creadores. Entre elas, poden verse xa unha selección de fotografías cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego e de estudiosos como Pablo Quintana, e diversos relatorios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.