Os grupos do Goberno local reiteran a necesidade de dotar á cidade dun xulgado exclusivo sen que se elimine ningún outro.
A galardoada co premio Úrsula Meléndez reivindica recoñecemento institucional tras ser condenada por erro polo caso Wanninkhof
  comenta   0
Da man de María del Pilar Freire Esparís, profesora xubilada de Historia Económica da USC, tratamos de recuperar o protagonismo que as mulleres tiveron no pasado, desmantelar estereotipos e poñer en valor o rol esencial que desempeñaron. "As mulleres traballaron no campo e mesmo o fixeron máis que os homes, porque elas participaron moi activamente no que é o traballo estritamente agrario, pero tamén eran as encargadas das tarefas da casa e do coidado dos membros máis vulnerables da familia", reivindica.
  comenta   0
A comunidade rexistrou 58 falecementos, cun repunte notable na pesca e un incremento da sinistralidade grave entre as mulleres
  comenta   0
Hoxe é cando máis deberamos valorar o poder soster libre e voluntariamente (mediante achegas) ao Galicia Confidencial que amáis de manternos informados facilita o falar en liberdade mantendo unha “conversa democrática”.
  comenta   0
A proporción media de mulleres que están empregadas nos portos aínda ronda entre o 18 e o 20 % a nivel europeo, estando un pouco por enriba a cifra no caso de España, chegando aproximadamente ao 22 %, pero aínda moi lonxe dese 50 % ou a unha preseza destacada de mulleres neles, segundo apunta María Barreiro Gen, profesora e investigadora do departamento de Economía Aplicada da Universidade da Coruña (UDC).
  comenta   0
A historiadora percorre a traxectoria de mulleres que marcaron Compostela e propón recoñecementos a figuras como Ruth Matilda Anderson
A área de Investigación da Garda Civil de Baiona-Nigrán investiga a tres mulleres de 46, 39 e 35 anos como presuntas autoras de dous delitos de furto.
As tres galardoadas coa distinción 'A Barca de Sálvora' foron: Vitoria Pazos, do ABC de Corcubión; María Luján Martínez Turnes, da Asociación Galega Residentes de Mos; e María Fernández Torres, de Residentes do Grove.
  comenta   0
Por mor destes accesos, puido coñecer que a vítima estaba a seguir tratamento no servizo de psiquiatría do Centro de Especialidades de Mollabao, Pontevedra, accedendo "sen xustificación algunha e sen contar coa autorización da interesada", aos informes emitidos polo servizo de psiquiatría.
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con María Esther Corral Díaz, filóloga e investigadora de Universidade de Santiago de Compostela (USC) que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "a Idade Media non foi unha época tan escura como a miúdo nos parece", tampouco para a muller, que gozaba de "máis liberdades das que se pensa".
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Tamara González, investigadora da Universidade da Coruña (UDC) que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre as mulleres espontaneadas no pasado de Galicia, mulleres que proclamaban publicamente que ían ter un fillo fóra do matrimonio para non ser acusadas de aborto ou infanticidio se o neno tiña a mala sorte de falecer nunha época na que a morte nos primeiros 8 días de vida era moi habitual.
  comenta   0
A fenda salarial "aínda é inconcibible" e "hai que actuar" dunha forma "moi decidida e determinante", sobre todo, no referente ás políticas e estratexias de coidados, alertou o secretario xeral confederal de CC.OO.
  comenta   0
Acompañaron o paso con cánticos e consignas como "non é a minisaia, non é o pantalón, na mente do machista está a provocación", "non estamos todas, faltan as asasinadas" ou "por moito que se molle, o feminismo non encolle".
  comenta   0
O anuncio do Executivo prodúcese despois de que esta mesma semana un total de 135 xuíces de violencia sobre a muller advertisen de que a Lei Orgánica de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza vai provocar un "colapso total" dos seus xulgados, ao ter que asumir os procesos sobre os delitos contra a liberdade sexual aínda que non exista un vínculo matrimonial ou análogo entre o agresor e a vítima.
  comenta   0
Galicia Confidencial fala con Patricia Faraldo, unha das expertas xurídicas que participaron na redación desta lei, quen arroxa luz sobre o que aconteceu coa lei antes e despois da súa aprobación.
  comenta   0
A decana do CPXG, Belén Regueira, e a investigadora Mari Lires, recollen os Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez.
  comenta   0
O método empregado polos ciberdelincuentes era a inserción en webs de contactos de anuncios de índole sexual usando imaxes de mulleres obtidas de diferentes redes sociais, para posteriormente mandar mensaxes ás persoas que fixeran uso destas páxinas, chantaxeándoas para non revelar a súa identidade.
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Rosario Sarmiento, crítica de arte, comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo en Galicia que ten afondado moito na historia da muller na arte e que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Sinala que "a Historia da arte foi feita fundamentalmente por homes, de maneira que sempre houbo unha mirada androcéntrica".
  comenta   0
En Paraguai, onde se segue procedemento polos vínculos que con ese país mantiñan os acusados con outras persoas para o desenvolvemento desta actividade delituosa, captaban a mulleres novas vulnerables que coñecían directamente ou por outras persoas.
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Ofelia Rey Castelao, historiadora galega de recoñecido prestixio que ten investigado moito sobre as mulleres traballadoras e migrantes e que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "as mulleres tiveron que traballar ao longo de todas as épocas históricas", moitas delas acabaron dende o século XIX "migrando cara as grandes cidades e cara América", e non todas coa intención de casar.
  comenta   0
Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Ana María Sixto Barcia, historiadora e investigadora do papel das mulleres no Antigo Réxime, que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Confesa que "aínda que falamos dunha sociedade oprimida, na que as mulleres tiñan poucos recursos, tamén era unha sociedade que sempre se defendía a si mesma, e, nesa loita, tamén entraron as mulleres, mesmo liderándoa nalgunhas ocasións".
  comenta   0
Galicia encabeza o aumento de directivas en España cun 41 % dos postos ocupados por mulleres, segundo un estudo do Instituto de Censores Xurados de Contas, que constata tamén un descenso do emprendemento feminino.
  comenta   0
Din que a nova normativa "supón un salto cualitativo e cuantitativo no ámbito da competencia obxectiva e subxectiva duns Xulgados xa de seu saturados".
  comenta   0