Unha campaña do Concello de Cee, candita a ser "o anuncio máis machista" de 2024

Facua-Consumidores en Acción denuncia o cartel empregado pola entidade polo 25N.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/03/2025 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Unha campaña do Concello de Cee é unha das catro candidatas a converterse en 'O Peor (e máis Machista) Anuncio do Ano en 2024' na décimo quinta edición destes premios convocados pola organización Facua-Consumidores en Acción. A organización xustifica nunha nota de prensa que o cartel, realizado polo 25N, utiliza "a imaxe sexualizada dunha muller". Trátase da "silueta dunha muller espida, á que non se lle ve o rostro, nunha postura suxestiva e cuberta de fluídos", describen.

Entre o resto de nomeados ao recoñecemento, atópase outro Concello, o de Castelló. Neste caso, polo Día da Sogra, lanzou "supostas mensaxes divertidas contra esta figura". Os outros dous candidatos son un anuncio das clínicas de estética Dorsia, que publicitou aumentos de peito "convertendo ás mulleres en parte da paisaxe das praias", e unha publicidade da ONG Familias Numerosas de Madrid, que "recrimina ás mulleres sen familia ou fillos que se lles está 'pasando o arroz'". Facua deu a coñecer aos nomeados na véspera do Día Internacional da Muller para insistir "en como a publicidade contúa cosificando os seus corpos". Serán os socios e simpatizantes da organización quen decidan ao gañador.

Campaña polo 25N do Concello de Cee
Campaña polo 25N do Concello de Cee | Fonte: Facua

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta