Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/03/2025 | Actualizada ás 15:35
O patrón maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Gustavo Chacartegui, foi agredido por un dos socios do depósito. Os feitos, segundo detallaron fontes coñecedoras do suceso a Europa Press, ocorreron no mediodía do pasado xoves, día 27, nas instalacións da Confraría e o home "sen mediar palabra" achegouse ao patrón maior e propinoulle unha puñada na cara.
Por iso, o patrón maior presentou unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Nerón e celebrouse unha xunta xeral extraordinaria da Confraría, na que decidiron iniciar un expediente para expulsar ao agresor. Os mariscadores da ría de Ferrol viven, durante os últimos meses, unha falta importante de capturas, o que os levou a concentrarse ante o edificio da Xunta en Ferrol.
Para este luns, está previsto que os depósitos lles expliquen aos seus asociados cal é a situación e como marchan as negociacións para tratar de reverter a falta de marisco e de ingresos que sofren os profesionais do mar, que se dedican principalmente á recolección da ameixa na ría de Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.