A pesar das diferenzas existentes no grupo por mor da crise que derivou na expulsión dos edís Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez, os seis concelleiros que polo momento integran o Grupo Municipal Socialista poderán votar no mesmo sentido.
A dirixente socialista pronunciouse deste xeito ao ser preguntada na rolda de prensa posterior á reunión da Xunta de Portavoces da Cámara galega pola decisión de Ferraz de ratificar a expulsión definitiva do catro concelleiros de Santiago enfrontados coa dirección local: Gonzalo Muíños, Milagres Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez
Teñen un prazo de dez días para recorrer e o secretario municipal deberá dirimir se a medida xa é executable, pero avanzan que "esgotarán todas as vías".