Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2025 | Actualizada ás 14:33
CC.OO. suspendeu ao secretario xeral comarcal de Industria en Santiago-Barbanza, José María González Cibes, tras recibir unha denuncia por acoso sexual, segundo confirman fontes da central consultadas por Europa Press. Neste momento, a comisión de garantías de CC.OO. ten sobre a mesa unha proposta de expulsión, pero trátase dun "proceso aberto" e aínda "se pode recorrer", segundo explican as mesmas fontes.
Así o sinalan despois de que o diario 'Economía Dixital' publicase que, segundo a denunciante, González Cibes fíxolle proposicións de índole sexual e a negativa desencadeou represalias tanto no sindicato como na conserveira na que traballaba. CC.OO.-Industria estatal asegura que tivo coñecemento da denuncia a finais do ano pasado e que foi entón cando se pediu a apertura de expediente a González Cibes. A partir de aí, expón esta federación a Europa Press, activouse o protocolo da organización, que ten un procedemento marcado, que neste caso levou a constitución dunha comisión instrutora e a adopción de medidas cautelares, á espera de se a comisión de garantías decide a expulsión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.