O acoso tanto laboral como sexual ás mulleres no centro de traballo segue sendo tema tabú para o empresariado e para as traballadoras. Uns porque temen polo nome da empresa e pola conflitividade que trae, as outras porque, segundo as forzas sindicais, tanto a precarización laboral como as relacións de poder na empresa son freos que impiden a denuncia de feitos coma estes.