O PP concentrou o 41,5 % do voto do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) de Galicia nas eleccións europeas celebradas o pasado domingo, segundo o reconto realizado este venres na xunta electoral.
  comenta   1
Os municipios onde Vox logrou unha maior porcentaxe de votos foron: Boimorto (19,47 %); Ribeira (7,45 %); e Vilariño de Conso (6,91 %). Os municipios onde SALF acadou maior porcentaxe de votos foron: Negueira de Muñiz (5,26 %); Irixoa (4,39 %); e A Teixeira (3,48 %).
  comenta   2
O presidente galego destaca os "grandes resultados" do PP en Galicia e defende a continuidade de Feijóo ao fronte deste partido: "Gañou todas as eleccións ás que se presentou".
  comenta   0
Ademais perde o liderado que mantiña en todas as principais cidades galegas agás en Vigo. A candidatura de Agora Repúblicas deixa de ser a primeira forza nos 4 municipios nos que o era fai catro anos e quédase como líder unicamente en Vilar de Santos. Gonzalo Caballero pide un cambio de rumbo en Galicia.
  comenta   0
Millán Mon recalcou que os votos alcanzados polo PPdeG superaron "a suma" dos obtidos polo PSdeG e o BNG, e os populares gañaron en 303 dos 313 municipios da comunidade.
  comenta   0
A dereita e a ultradereita gañan as eleccións no Estado. Vox e un partido aínda máis populista e ultradereitista, Se Acabó La Fiesta, suman case un 15% dos votos. A división castiga a Podemos e Sumar.
  comenta   1
Destaca o "obxectivo cumprido" de que Miranda teña escano propio en Europa tras os case 350.000 votos de Camilo Nogueira en 1999 en solitario.
  comenta   0
Reivindica outra "abafadora" vitoria do PP galego e salienta que tamén Feijóo "volve gañar". Ourense e Lugo son as provincias con mellor resultado para o PP en España
  comenta   1
O líder do PSde destaca que o "bo resultado" nestes comicios sitúa ao partido na senda da "reactivación" tras o batacazo das eleccións galegas.
  comenta   0
Se hai cinco anos, os populares quedaban en segunda posición, desta volta superan en 17 puntos aos socialistas. O BNG mantén a terceira posición pero terá escano propio en Bruxelas e Vox ascende á cuarta a costa da división de Podemos e Sumar.
  comenta   0
Os populares sacan 22 escanos, o PSOE terán 20 e Agora Repúblicas, a coalición de ERC, Bildu e BNG, acada 3 eurodeputados.
  comenta   0
Prado con "esperanzas" dun resultado "contundente", celebra unha participación maior que en 2014. O BNG agredece o traballo a súa militancia e lamenta a "baixa" participación nunhas eleccións "tan relevantes"
  comenta   3
Censura que Sánchez "non se corte un pelo" en criticar aos xuíces e espera que a súa actitude teña "repercusión electoral" o domingo
  comenta   0
Casares di que o PP "xoga ao empate" e será o PSOE o que lles meta "un zurdazo pola escuadra" este domingo
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, detallou que "está en xogo unha Unión Europea na que avanza o militarismo e que funciona como unha comparsa da OTAN e de Estados Unidos"
  comenta   0
Nico González Casares é eurodeputado socialista galego en Madrid. Alí leva cinco anos batallando para conseguir unha "Europa máis social e inclusiva" e pelexando "polos intereses de Galicia". Di que un dos seus obxectivos nesta nova lexislatura é que haxa un comisario de Pesca que mire máis pola pesca, traer máis recursos económicos para Galoicia e, sobre todo, evitar que a ultradereita entre no goberno das institucións europeas.
  comenta   2
O secretario xeral do PSdG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou para os propietarios con terreos nas Fragas do Eume "compensacións" polas restricións desta zona natural
  comenta   0
A candidata do BNG ás Eleccións Europeas leva máis dun mes dun recuncho a outro do país. Máis de 10.000 quilómetros percorridos para lembrar a necesidade e importancia de que Galicia teña voz en Europa. Lembra os grandes logros acadados neste tempo na Eurocamara e apunta á Altri, á vivenda e a fuga de talentos galegos como vindeiros obxectivos. Critica aos grandes medios estatais e galegos por querer "opacar" estes comicios e pide que Bruxelas rompa xa relacións con Israel.
  comenta   2
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o candidato galego ás eleccións europeas Adrián Vázquez analizaron este martes nun acto, entre outras cuestións, a necesidade de mellorar o funcionamento e a aplicación da Lei de cadea alimentaria para evitar que os produtores vendan por baixo dos seus custos.
  comenta   0
Ana Pontón sinalou tamén que o BNG "pelexará" pola derrogación do principio de estabilidade relativa, xa que está "a discriminar" á frota galega, e por acabar coa prohibición de modernizar a frota para non incrementar a capacidade pesqueira.
  comenta   0
O candidato do PSdeG ás eleccións europeas, Nicolás González Casares, reivindicou aos socialistas como o "muro de contención" fronte á dereita que "se mimetiza coa ultradereita" e apostou por un PSOE que defende unha Europa "social, xusta e solidaria".
  comenta   0
Tras selar a reconciliación do nacionalismo na campaña das autonómicas, o cofundador de Anova intervirá nun acto na Coruña.
O popular conversou cos veciños que se achegaron á carpa do PP instalada na praza maior da vila do Arenteiro e explicoulles o proxecto que o PP leva nestas eleccións europeas do proximo 9 de xuño.
  comenta   0
Por provincias, a da Coruña é na que se rexistraron máis peticións de voto por correo, cun total de 9.651; seguida de Pontevedra, con 8.509. Pola súa banda, en Lugo producíronse 3.553 peticións e en Ourense 3.422.
  comenta   0
Ana Pontón tamén incidiu na importancia de optimizar a rede de portos e aeroportos, para que este territorio poida ser unha "plataforma loxística que sirva de ponte cara a Latinoamérica".
  comenta   0
Millán Món (PPdeG) asegura que os cidadáns poderán "contestar" o 9 de xuño ás "políticas populistas" de Sánchez. Ana Miranda (BNG) cre que a UE "non sabe" sobre o agro e a pesca galega e bota en falta "humanidade" cara a Palestina. Nicolás González Casares (PSdeG) chama a parar o "populismo reaccionario" e avisa: "O 70% de leis que nos afectan son da UE".
  comenta   0