9X- Máis de 2,7 millóns de galegos chamados a votar este domingo nas europeas, uns 109.000 por primeira vez

Máis de 7.000 axentes conformarán o dispositivo de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2024 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Máis de 7.000 axentes velarán este domingo, día 9, pola seguridade dos comicios ao Parlamento Europeo en Galicia, nunha xornada na que están chamadas a votar 2.702.442 persoas na comunidade, nun dos 2.337 colexios electorais nos que está previsto que se abran 3.922 mesas de votación.

"109.690 votan por primeira vez", destacou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nunha comparecencia informativa na que presentou os materiais que haberá ese día nos centros de votación. Nela, precisou que para garantir que o dereito ao voto se exerza "con absoluta liberdade" o Goberno despregará máis de 7.000 axentes: 2.079 da Policía Nacional; 4.077 da Garda Civil e 948 da Policía Local.

ELECCIÓNS "INCLUSIVAS"

Por outra banda, recalcou que se trata das eleccións "máis inclusivas ata agora" nas que os usuarios disporán dunha experiencia piloto con "unha serie de pictogramas indicativos de todos os pasos a seguir" en Santiago de Compostela e con kits con linguaxe braille para as persoas invidentes dos cales 80 xa foron solicitados. A nivel loxístico, segundo explicou, as mesas serán xestionadas por 11.766 persoas elixidas por sorteo e asesoradas por 2.858 representantes da Administración. Respecto ao voto por correo, cuxo prazo finalizará este venres, día 7, houbo 36.205 solicitudes.

"Confiamos en que vai ser unha xornada totalmente tranquila, xa normalizada, porque temos unha experiencia democrática máis que absolutamente demostrada", apuntou Blanco para "animar a todos os galegos a que vaian votar". "En Europa están a tomarse decisións que son absolutamente vitais na nosa vida diaria, desde sectores como agricultura, gandaría, industria ou recepción de fondos", argumentou tamén ao incidir na importancia destes comicios.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presenta na Coruña os materiais que haberá nos centros de votación nas eleccións ao Parlamento Europeo
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presenta na Coruña os materiais que haberá nos centros de votación nas eleccións ao Parlamento Europeo | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta