Francisco Javier Sanz Larruga, catedrático de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña (UDC) foi unha figura central na redacción da Lei de Costas de Galicia. Firme defensor dunha xestión sustentable e equilibrada do litoral galego e promotor de reformas lexislativas que consideren tanto o desenvolvemento económico como a protección ambiental, Galicia Confidencial fala hoxe con el para abordar cales son as principais novidades que introduce a nova Lei de Costas.