O BNG acusa á Xunta de non facer máis que "propaganda" para promover vivenda

Para a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o Goberno do PP "non quere declarar zonas tensionadas cando é unha medida que permitiría rebaixar e conter a subida dos prezos de aluguer que afoga ás familias e impide aos mozos emanciparse".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/03/2025 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que a Xunta está "instalada na propaganda" sen adoptar "medidas eficaces" para promover vivenda, ao ser preguntada na Coruña pola declaración de mercado tensionado que expón esta cidade. "En Galicia hai un problema moi grave de aluguer, tamén na Coruña e o goberno da Xunta mándalle facer os seus deberes aos concellos", reprochou ao Executivo autonómico.

E é que para Pontón o Goberno do PP "non quere declarar zonas tensionadas cando é unha medida que permitiría rebaixar e conter a subida dos prezos de aluguer que afoga ás familias e impide aos mozos emanciparse". "A Xunta, no canto de parte da solución, é parte do problema e tenta boicotear estas declaracións, todo o procedemento deberíao facer a Xunta que é a que ten as competencias", engadiu para demandar máis medidas como "conter o número de vivendas de uso turístico" ou que se compren por parte da Administración autonómica "vivendas baleiras par polas en aluguer".

Vivenda
Vivenda | Fonte: David de Haro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta