Así se pronunciou tras facerse público un expediente sancionador de Consumo a Aluguer Seguro por posibles prácticas abusivas contra os arrendatarios.
  comenta   0
Ela tiña anunciada unha praza de garaxe en aluguer nunha web. Un home, facéndose pasar por policía, aseguroulle que lle adiantaría o pago de varios meses de aluguer, polo que lle realizou supostos Bizum. Con todo, no canto de enviar diñeiro, solicitoulle diñeiro á muller.
  comenta   0
Para a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o Goberno do PP "non quere declarar zonas tensionadas cando é unha medida que permitiría rebaixar e conter a subida dos prezos de aluguer que afoga ás familias e impide aos mozos emanciparse".
  comenta   0
"As propostas que presenta a Xunta están deseñadas para beneficiar a curto prazo ás persoas que teñen vivendas que están ou poderían estar en aluguer, ignorando completamente as necesidades e os dereitos das persoas afectadas pola crise da vivenda", lamentou a Plataforma.
  comenta   0
A crise financeira de 2008 levou a unha "ambiciosa" intervención do Estado para reestruturar a banca e asegurar a liquidez das entidades bancarias e o sistema financeiro a nivel estatal, o que implicou un custo de máis de 64.000 millóns de euros, asumidos en parte polo Estado a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e polo Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).
  comenta   2
En Paraguai, onde se segue procedemento polos vínculos que con ese país mantiñan os acusados con outras persoas para o desenvolvemento desta actividade delituosa, captaban a mulleres novas vulnerables que coñecían directamente ou por outras persoas.
  comenta   0
O Tribunal Supremo (TS) estudou un caso concreto no que os estatutos só contemplaban prohibicións para consultorios, clínicas de enfermidades infecto contaxiosas e para fins ilegais, así como instalación de motores ou máquinas que non sexan usuais para os servizos do fogar, actividades inmorais, incómodas ou insalubres.
  comenta   0
Acompañada pola deputada Alexandra Fernández, Pontón coñeceu os casos de Iago e Iria, que recoñecen ter "sorte" cun piso que comparten con outra persoa e polo que pagan máis de 250 euros por cabeza, situado na planta cuarta e que non dispón de ascensor.
  comenta   0
A publicación do DOG recolle as rendas máximas mensuais das vivendas para optar á axuda segundo o concello onde se sitúen
  comenta   0
Pola contra, o listado de concellos galegos con maior número de vivendas de uso turístico declaradas de maneira oficial estaría encabezado por Sanxenxo, Vigo e A Coruña.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG indica que espera aínda que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se desculpe polas súas declaracións "paternalistas e machistas" realizadas no último pleno.
  comenta   0
Defende "condicionar os fondos de vivenda que o Estado dá ás comunidades autónomas ao cumprimento efectivo da lei".
  comenta   0
A deputada Alexandra Fernández acusa ao Goberno galego de fomentar o descontrol para permitir o aumento dos pisos turísticos.
  comenta   0
Escaseza de oferta e prezos en alza impulsan medidas como a mobilización de pisos baleiros e a construción de nova vivenda.
  comenta   0
Os prexudicados púñanse en contacto vía mensaxería instantánea e realizaban o ingreso a través dunha pasarela de pagos
  comenta   0
A investigadora Isabel González García, da Universidad Politécnica de Madrid (UPM), denuncia que nesta cidade a día de hoxe a vivenda exerce como "un sofisticado sistema de depuración social: cada un vive onde pode vivir e onde debe vivir".
  comenta   0
'Xénova' está decidida a dar a batalla pola vivenda ao percibir un nicho de votantes "frustrados" do PSOE aos que busca atraer.
  comenta   0
Carles Donat, investigador da Universitat Autónoma de Barcelona, lamenta os problemas que está a causar a proliferación de vivendas turísticas nunha cidade onde pasaron de ser unicamente 90 no 2010 a estar na actualidade nas 9.000 con licenza e nas 15.000 operando en plataformas como Airbnb.
O investigador da USC Ismael Irigoy detalla que "en España hai 3 millóns de vivendas en aluguer" e que "un 15 % dos españois obteñen rendas a través do aluguer de propiedades"; mentres que nunha cidade como Barcelona "a media dos ingresos que un cidadán ten que destinar mensualmente ao aluguer está nun 43 %".
  comenta   0
Vivenda asegura que "nunca negou ou ocultou os fondos europeos" tras un enfrontamento pola visita ás obras do barrio coruñés de Xuxán.
Concello de Vigo asignará 230.000 euros a ONG e entidades para buscar vivendas para familias vulnerables. A oposición tacha a medida de "cortina de fume" e "estafa" porque só prevé facilitar o acceso a 10 vivendas ao ano