Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2025 | Actualizada ás 16:08
A idade media dos propietarios residentes en Galicia de alugan as súas vivendas en Galicia situouse en 2024 nos 61,4 anos, sendo case un 52,3% deles mulleres, cunha media de 61,9 anos, mentres que os homes representan o 47,7% do total e teñen uns 60,8 anos.
Así se desprende do informe de Caracterización socioeconómica das persoas propietarias e inquilinas que alugan vivendas en Galicia publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollido por Europa Press. En concreto, máis de 114.000 propietarios alugan as súas vivendas en Galicia, na maioría dos casos (95,9%) para uso habitual e un 4,1% para vivenda de tempada. O número de propietarios que residen en Galicia é de 92.925 persoas, representando máis do 80% do total.
"A distribución da poboación propietaria de vivendas de aluguer no territorio é similar á distribución da poboación de Galicia e concéntranse na costa das provincias atlánticas e nas capitais de provincia, xunto con Santiago e Vigo", indicou o IGE, que engade que as provincias occidentais, na parte costeira sur, presentan máis propietarios. Entre outros datos, o 53,6% dos propietarios de vivendas en aluguer residen no mesmo concello onde se atopa o domicilio que ofrecen. Así mesmo, un 35,3% deles é pensionista e un 47,4% está afiliada á Seguridade Social.
INQUILINOS
No outro extremo atópanse os inquilinos, que teñen unha idade media de 42,5 anos, sendo un 52,7% das total mulleres, cuns 42,1 anos, mentres que o 47,3% restante son homes que, de media, teñen 42,9 anos.
O IGE recolle que máis do 70% dos inquilinos aluga no concello onde ten a súa residencia habitual e o 76% está afiliado á Seguridade Social e só un 8,7% é pensionista. En total hai case 200.000 inquilinos alugados na Comunidade, dos que 196.588 son persoas físicas e 174.798 viven en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.