Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/03/2025 | Actualizada ás 16:03
A Policía Local de Poio e os Gardas Rurais da Confraría de Pescadores de Raxó sorprenderon a un mergullador que pescaba nunha zona prohibida e superaba o límite de pezas e quilogramos permitidos. Os feitos producíronse na mañá deste sábado cando o home, de 35 anos e veciño de Marín, capturou tres polbos e tres douradas cun total de case oito quilos.
Por iso, procederon á incautación de todas as pezas capturas e o intervido, segundo detallou a Policía Local, foi entregado no comedor de San Francisco en Pontevedra, porque non puido ser devolto ao mar. Os axentes procederon a propor dúas denuncias administrativas á Consellería do Mar cunha sanción de entre 150 a 6.000 euros cada unha.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.