Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2025 | Actualizada ás 11:04
Os aloxamentos extrahoteleiros galegos --apartamentos, cámpines, casas rurais e albergues-- registron un total de 52.813 pernoctacións e 27.048 viaxeiros en febreiro de 2025, o que supón un 15% máis que no mesmo mes de 2024, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este martes.
No segundo mes hai un incremento xeneralizado salvo nas casas rurais, que sofren unha caída tanto en viaxeiros como en pernoctaciones. Pola súa banda, os cámpines son os que experimentan maior crecemento relativo nas pernoctacións ao aumentar un 58% en comparativa interanual. Mentres, nos apartamentos turísticos soben un 15%, seguido polo 9% de ascenso de albergues.
O crecemento de Galicia é maior que o 2,6% de avance das pernoctaciones españolas, cun total de 6,8 millóns o pasado mes de febreiro. En España, as pernoctacións de residentes descenderon un 8,5%, mentres que as de non residentes aumentaron un 7% segundo os datos da Enquisa de ocupación en aloxamentos turísticos extrahoteleiros.
A estancia media durante o mes de febreiro situouse nas 4,6 pernoctacións por viaxeiro. O crecemento do 2,6% rexistrado o pasado mes de febreiro é inferior ao 8% rexistrado en febreiro do pasado ano e tamén se sitúa por baixo do aumento do 5,9% de pernoctacións rexistradas durante o primeiro mes do ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.