Deteñen a un mozo de Ourense por inducir á prostitución a unha menor

A menor, realizou vídeos e fotografías que lle enviaba ao detido, pero cando quixo deixar de mandarllas o detido ameazouna con darlle unha malleira ou violala.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/04/2025 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui, detivo a un mozo, de 19 anos, veciño de Ourense, como presunto autor de delitos de ameazas, coaccións e de indución á prostitución. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos producíronse entre o 1 de febreiro e o 7 de marzo deste ano na comarca da Paradanta.

O detido contactou cunha menor, de 16 anos, a través de redes sociais e, tras gañarse a súa confianza, consegue que lle envíe fotos espida. A menor, realizou vídeos e fotografías que lle enviaba ao detido, pero cando quixo deixar de mandarllas o detido ameazouna con darlle unha malleira ou violala.

Así mesmo, a Garda Civil procedeu a investigar a un home, de 44 anos, como presunto autor dunha agresión sexual á menor, consistente en tocamentos e a outro home, de 38 anos, como presunto autor de indución á prostitución ofrecéndolle diñeiro por iso. O home detido foi posto en liberdade en sede policial, pendente de comparecer ante a autoridade xudicial cando se lle requira. As dilixencias foron entregadas no xulgado de garda de Ponteareas.

Garda Civil
Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta