Presas cualificou a modificación adoptada no Consello da Xunta do pasado luns para que o IGE pase a integrarse en Presidencia de "dous por un: privatizar e controlar politicamente".
  comenta   0
O presidente galego controlará os datos do seu executivo e prevé "privatizar" a súa xestión. O IGE pasará a depender da Oficina de Coordinación Económica. Unha reestruturación que chega tras o polémico informe sobre o uso do galego.
  comenta   0
"É inmoral que no canto de pór todos os recursos da Xunta en conseguir que o galego estea en todos os espazos e para todos os usos, o Executivo galego se dedique exclusivamente a fabricar unha realidade alternativa para evitar a mobilización social", criticou.
  comenta   0
Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 209 obras de rehabilitación e 12 para demolición, de acordo cos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
Expertos analizan o impacto dos prexuízos e a falta de recursos nunha mesa redonda na que coincidiron en que a transmisión xeracional e o ámbito educativo son claves para a supervivencia da lingua.
A enquisa do IGE a peche de 2024 recolle que un de cada cinco fogares de Galicia (o 21,33 %) non se permitiu ningún gasto extra nos últimos tres meses, considerando como tales as viaxes, os imprevistos, as grandes compras, o poder aforrar e saír a cear, entre outros.
  comenta   0
Tamén se outorgaron 150 permisos de rehabilitación de edificacións e 17 licenzas de demolición, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
A maioría no sector servizos, segundo os datos feitos públicos este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE), con información ata novembro de 2024.
  comenta   0
Este cifra supón un 5,7 % máis en 2023 que os 21.999 euros de 2022, segundo o Estudo de Salarios nas fontes tributarias publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
O peso de Galicia no conxunto de España, en outubro de 2024, ascende ao 8,2 % no total de exportacións e ao 4,6 % no total de importacións.
  comenta   0
Tras coñecer os resultados do último informe da Real Academia Galega sobre o emprego do galego, que veñen reiterar a situación de alerta sobre a perda do idioma xa avanzada polo Instituto Galego de Estatística, o GC fala con Mario Gradín, doutor en Estudos Lingüísticos pola UVigo que recentemente presentou a súa tese 'A política lingüística da Xunta de Galicia aplicada na educación non universitaria galega no período 2007-2012'.
  comenta   0
Un informe da RAG alerta dunha caída "descomunal" de galegofalantes entre os 5 e os 14 anos. O futuro do galego é moi negro de non tomarse medidas contundentes, especialmente, na educación.
  comenta   1
O gasto en vivenda, auga, gas, electricidade e produtos alimenticios supón o 36,7 % do gasto dos fogares galegos en 2022, segundo a matriz de contabilidade social que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
Segundo os datos correspondentes aos ano 2020 do IGE, os últimos dispoñibles para a súa consulta, a extensión dos concellos galegos non necesariamente casa cos usos do seu solo.
  comenta   0
As diferenzas son "relativamente importantes" en sectores como o das actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros, da información e das comunicacións e en actividades profesionais, científicas e técnicas, administrativas e servizos auxiliares., segundo o 'Estudo Salarios. A remuneración do factor traballo na economía galega' que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).
  comenta   0
A exportación de electricidade e gas representa o 11 % do total de destinos destes produtos enerxéticos en Galicia, segundo datos do IGE.
  comenta   0
Segundo o estudo sobre o emprego autónomo en Galicia, o peso do emprego por conta propia na comunidade galega é "elevado" se se compara co resto de comunidades
  comenta   0
Fai 20 anos Galicia contaba con 67.628 granxas; fai 10, estas caeran xa ata as 40.653 (-26.975, un 39,89 % menos); e, o pasado 2023, xa só quedaban en pé 26.256 (con respecto ao 2003: -41.372, un 61,18 % menos; e con respecto ao 2013: -14.397, un 35,41 % menos). O GC analiza os datos de explotacións gandeiras e vacas de muxidura aportados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) entre o 2003 e o 2023.
  comenta   1
Unha plataforma cidadá levará unha ILP ao Parlamento para que se aprobe a obriga de ambientar as atraccións de feiras e festas populares con música "made in Galicia" e "na lingua de Rosalía".
  comenta   0
A recente publicación polo IGE dos datos sobre coñecemento e uso do idioma galego no ano 2023 proporciona unha perspectiva cuantitativa de 20 anos sobre a evolución das distintas variábeis concernidas neste importante asunto e serve para constatar o notábel devalo experimentado pola lingua, especialmente nos sectores mais novos da sociedade galega.
  comenta   0
O GC fala con Eva Cameán, propietaria da libraría Clarión de Carballo, que se fixo viral nos últimos días en Tik Tok por respostar ás críticas recibidas por falar en galego nos seus vídeos.
  comenta   0
O IGE destaca a compoñente dos estudos en Compostela no primeiro e no último trimestre; e o traballo, tamén na Coruña e Vigo
O IGE presenta un crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) do 2,3% para 2024 e do 2,1% para 2025, tal e como recolle a Xunta nas súas previsións orzamentarias
  comenta   0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou que o IGE realizou 10.000 entrevistas, "a mostra máis completa" dun estudo sobre unha lingua cooficial
  comenta   4
Algúns perfís como o de @pradorua, @konachadas, Rodri Miguez ou Gabi G realizaron vídeos tras os resultados da enquisa do IGE.
  comenta   3
Para a tamén investigadora e profesora de futuros mestres de Infantil e Primaria na facultade e Educación e Traballo Social de Ourense (UVigo), "é alarmante o labor desgaleguizador que está exercendo o ensino dende hai uns anos", concretamente, dende a entrada en vigor do Decreto do Plurilingüismo.
  comenta   0
Todos os grupos confirmaron que acudirán á chamada do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventura, José López Campos, co que se reunirán o vindeiro 24 de outubro. Rueda sostén que o "bilingüismo cordial" é "un tesouro" e para o seu Goberno a "libre elección" mantense como unha máxima.
  comenta   0
Besteiro destaca os alarmantes datos do IGE, que indican que o castelán é agora a lingua predominante entre os galegos, e acusa o PP de desprezar o galego.
  comenta   0
Pontón responsabiliza ao PP de que "a superviviencia" da lingua galega estea "en risco" e o PSdeG fala de "situación límite". O PP destaca que "non baixa o número" de galegofalantes senón a "porcentaxe": "Nunca o galego tivo máis falantes". O PSdeG avisa dunha situación "límite".
  comenta   0
Máis do 30 por cento dos nenos de entre 14 e 5 anos non saben ou non teñen contacto co galego. A Xunta di que a chegada de poboación do exterior "inflúe directamente" no aumento de castelanfalantes en Galicia. A Mesa pola Normalización Lingüística: "Estamos en emerxencia lingüística extrema".
  comenta   9