Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2024 | Actualizada ás 17:15
O gasto en vivenda, auga, gas, electricidade e produtos alimenticios supón o 36,7 % do gasto dos fogares galegos en 2022, segundo a matriz de contabilidade social que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). No gasto en vivenda tamén se inclúe o gasto en aluguer imputado dos fogares residentes nunha vivenda en propiedade. A porcentaxe varía en función do tipo de fogar: para os fogares cuxa principal fonte de ingresos son as rendas do traballo é do 32,4 % e no caso de pensións, prestacións por desemprego, etcétera, supera o 45,1 %.
Os fogares cuxa principal fonte de renda son as remuneracións do traballo (por conta allea ou conta propia) concentran a maior parte do gasto en consumo final dos fogares galegos. Así, en 2022 supoñen o 66,3 % do gasto. Pola súa banda, aos que teñen como principal fonte de renda as pensións contributivas correspóndelles o 31,4 % o 2,3 % restante vén dos fogares en que predominan as prestacións non contributivas ou outro tipo de ingrsos non derivados do traballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.