En concreto, Sumar pide na súa iniciativa, que se debaterá na Comisión de Industria da Cámara Baixa, a aprobación, o máis axiña posible, dun Plan Estratéxico que modernice a actividade da compañía, tendo en conta a crise climática á hora de definir o seu modelo de negocio e que incorpore na súa elaboración ao persoal, establecendo procedementos democráticos de participación no seu deseño.
  comenta   0
O actual sistema capitalista está afogando á chamada clase media. Case un 25% dos españois non logra aforrar a final de mes, o que agrava o malestar psicolóxico.
  comenta   0
A comunidade galega, xunto a outras rexións como Asturias e Canarias, terá un crecemento positivo no seu PIB, mentres a maioría das autonomías pecharán o ano en negativo.
  comenta   0
Un estudo italiano revela que o consumo elevado de alimentos ultraprocesados aumenta a idade biolóxica, máis aló da idade cronolóxica.
  comenta   0
Catedráticos en Dereito Administrativo consideran "errónea" a interpretación do TSXG sobre a directiva europea. O sector contrapón a "aceleración" do sector no mundo fronte ao "bloqueo" en Galicia
  comenta   0
Este mercado chega á súa XXVIII edición e contará con máis de 30 postos chegados da Reserva da Biosfera de Allariz, de diferentes puntos de Galicia, Castela e León e tamén do veciño Portugal. Contará con actividades paralelas e celebrarase os días 9 e 10 de novembro no Pavillón do Instituto.
  comenta   0
Pedía que a Atención Primaria reciba o 25% do orzamento sanitario. O PP vota 'non' porque xa supera o 30%, ao sumar o gasto farmacéutico.
  comenta   0
Do mesmo xeito que o ano pasado, establécese unha única modalidade de bono cun valor de 50 euros, dos que o Concello achegará 20 euros e a persoa solicitante os 30 euros restantes. Cada persoa poderá solicitar e obter ata tres bonos para usar ata o 4 de decembro.
Entre eles atópanse dez disfraces, catro máscaras e antefaces, nove coroas e diademas, nove xoguetes de distinto tipo (pistolas, faroliños, accesorios, etc.) e unha perruca.
  comenta   0
Para comprobar se se trata de pilas falsificadas, verifícase a calidade e se cumpren coa normativa de relativa a seguridade e marcado CE, obrigatorio tras a recente entrada en vigor do Regulamento (UE) 2023/1542
  comenta   0
Aínda que todos temos unha concepción material e funcional dos hórreos, dende o GC queriamos coñecer tamén a súa parte máis espiritual e inmaterial, e facémolo da man da antropóloga Ana Isabel Filgueiras.
  comenta   0
Por destino económico dos bens, o sector industrial con maior influencia negativa na evolución da taxa anual do índice xeral foi o de enerxía, que caeu un 16,8 %, 10,6 puntos por baixo da de agosto, debido ao descenso dos prezos da produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica, do refino de petróleo e, en menor medida, da produción de gas, e a distribución por tubaxe de combustibles gaseosos, fronte ao incremento no mesmo mes de 2023, segundo os datos que publica este venres o INE.
  comenta   0
"Imos abordar un tema moi importante, porque unha das grandes carencias que ten o sector agrario e gandeiro de Galicia é a produción de forraxe e de alimentos, tanto para o consumo animal como para o consumo humano", detallou o representante da Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega, Jacobo Feijoo.
  comenta   0
Será voluntario por un período aínda sen definir e a solicitude do código terá un custo pouco "substancial" para propietarios e deixa o réxime sancionador en mans das comunidades autónomas e dos concellos.
  comenta   0
Despois de falar das causas e consecuencias dunha problemática que semella que se nos botou enriba antes do agardado, dende o GC preguntamos a expertos en diversos ámbitos que é o que se pode facer para tratar de poñer freo ao avance incesante do cambio climático. Todos coinciden en que se precisan medidas a nivel gubernamental, empresarial e comunitario.
  comenta   0
O Pleno do Congreso votará a próxima semana a proposición non de lei do Grupo Parlamentario Socialista para reducir o límite da taxa máxima de alcol permitida a todos os condutores de vehículos, motorizados e non motorizados, a 0,2 g/l en sangue e 0,1 mg/l en aire expirado.
  comenta   0
O equipo de investigación da doutora Rosa María Pinto Solé logrou illar "unha cepa que replica mellor que as outras, que nos rinde moito máis e que pode ser un novo candidato vacinal que faría que a vacina final fose moito máis barata das que temos actualmente", un total de 7.
  comenta   0
O prezo medio da electricidade no mercado almacenista caerá este domingo un 63,64 % con respecto ao sábado, ata situarse nos 21,96 euros por megawatt hora (MWh), o mínimo nivel desde o pasado 16 de xuño, e chegará a marcar un prezo de 0 euros ou negativo durante sete horas.
  comenta   0
"Non se entende que o Goberno central que máis impostos recada da historia decidise esta semana que os galegos e galegas, e todos os españois, paguemos máis IVE en alimentos básicos", afeou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.
  comenta   0
Os grupos sociodemográficos que máis tempo consumiron televisión por persoa ao día foron as mulleres con 168 minutos e os maiores de 64 anos 297 minutos
  comenta   0
Falamos coa cooperativa Cogal sobre a situación desde o punto de vista da producción e comercialización e cunha dietista-nutricionista sobre os beneficios desta carne.
  comenta   0
É un dos proxectos claves da axenda do BNG en materia de enerxía que di que é "propaganda". Tamén o PSdeG di que este novo anuncio favorecerá "ás empresas privadas". Rueda comparecerá no Parlamento o 8 de outubro para explicar as "liñas estratéxicas" do Executivo.
  comenta   0
Segundo un estudo de Unicef, o 94,8 % dos adolescentes dispón de móbil con acceso a Internet, cunha idade medio de acceso ao primeiro dispositivo de 10,96 anos. O 50,5 % teñen conexión á rede por contrato. Dende o Galicia Confidencial falamos cos psicólogos Joaquín González-Cabrera e Juan Manuel Machimbarrena, creadores de Safety.net, da necesidade da prevención conxunta de ameazas 'online'.
  comenta   0
Entre eles, moitos que conteñen graxas saturadas e azúcre. Unha dieta pouco saudable e a falta de exercicio provocan o envellecemento do corazón.
  comenta   0
A axuda será de 1,05 euros por litro de viño destilado e poderán beneficiarse aquelas empresas vitivinícolas elaboradoras de viño tinto amparado pola DO Ribeira Sacra.
  comenta   0
Actualmente hai xa un 30 % de adoslecentes que comezan a presentar problemas de conduta relacionados co uso dos móbiles e das pantallas, dos cales arredor dun 3 % poderían ser considerados adictos no sentido máis estrito da palabra. A taxa de ideación suicida en menores sitúase nun 12,7 %.
  comenta   0