Meter droga no cárcere custaralle outros 3 anos de prisión a un interno de Teixeiro

O procesado argumentaba que a droga que portaba con el era para consumo propio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2024 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña na que impuxo tres anos de cárcere e o pago dunha multa de 929 euros a un interno do centro penal de Teixeiro que trataba de introducir droga no plenal. En concreto, o alto tribunal galego rexeita o recurso interposto pola defensa, que alegaba erro na valoración da proba e vulneración da presunción de inocencia. O procesado argumentaba que a droga que portaba con el era para consumo propio.

Con todo, o TSXG considera que "se desvirtuou a presunción de inocencia" e que "non hai dato algún que revele o erro na valoración da proba", entre outras cuestións, porque a defensa non acreditou a condición de consumidor do procesado. Por iso, confirma o fallo. Os feitos remóntanse ao 21 de febreiro de 2020, cando o procesado regresaba ao cárcere de Teixeiro tras un permiso penal. Cando se atopaba no aparcadoiro, os axentes achegáronse a el, xa que sabían que podía portar droga para introducila e vendela dentro do cárcere. Ao velos, o home lazou á cuneta unha bolsa en cuxo interior se localizaron case nove gramos de heroína, cun valor no mercado próximo aos 1.000 euros.

Actividades no centro penitenciario de Teixeiro
Actividades no centro penitenciario de Teixeiro | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta