A defensa presentou recurso ante o TSXG alegando que non houbo intención de matar e que o acusado actuou levado por un medo insuperable, xa que previamente ambos tiveran unha pelexa, tamén polos cans, e o procesado resultara lesionado. O alto tribunal galego sinala que estaba acreditado o dolo.
Realizou comentarios soeces, pediulle que se puxese minisaia e a muller pediulle que parase antes de informar os seus superiores.
  comenta   0
Por mor destes accesos, puido coñecer que a vítima estaba a seguir tratamento no servizo de psiquiatría do Centro de Especialidades de Mollabao, Pontevedra, accedendo "sen xustificación algunha e sen contar coa autorización da interesada", aos informes emitidos polo servizo de psiquiatría.
  comenta   0
Desde outubro do ano 2023 Roger Serafín está nunha prisión da provincia de León á que foi trasladado tras ser detido pola Garda Civil no seu propio posto de traballo, no estaleiro de Navantia Ferrol, onde era operario dunha empresa auxiliar. Tras o arresto, confesou ser o responsable da violación e morte da veciña da comarca de Eume dez anos atrás.
  comenta   0
O tribunal asegura que o seu propósito era proceder, polo menos en parte, á súa distribución no interior do cárcere. O valor total da droga --heroína, cocaína e cannabis--, que foi interceptada en canto finalizou a visita, ascendese a 934 euros.
  comenta   0
A privación de liberdade queda suspendida coa obrigación de facer traballos para a comunidade durante sete meses
  comenta   0
A Audiencia Provincial da Coruña condenouno a 2 anos de prisión, pero tras a petición do seu avogado de suspender a pena de cárcere e coa condición de non cometer delitos en tres anos, non terá que entrar en prisión.
  comenta   0
O condenado polo asasinato de Asunta pediu o cambio de prisión, que foi autorizado por Institucións Penais
A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense indica na sentenza que, "aproveitando que se atopaba soa" e, "con ánimo libidinoso", o home deulle varios bicos na cara á vítima en contra da súa vontade, ata que esta conseguiu pechar a porta da vivenda e avisar á súa nai por teléfono.
  comenta   0
Os axentes da Garda Civil observaron "unha gran trasfega de persoas entrando e saíndo do establecemento sen que dese tempo a prestárselle ningún servizo de barbaría"
  comenta   0
No caso de Santórum e a súa contorna, o Fiscal reafirma a acusación e mantén a petición de 18 anos e medio de cárcere para o arousán, por ter probas "cristalinas".
  comenta   0
Unha vez interpostos os recursos de apelación contra a sentenza que condenou a penas de entre 10 e 24 anos de prisión a catro persoas, a Audiencia coruñesa acorda prorrogar a prisión preventiva ata a metade da pena imposta para os tres xa no cárcere.
O condenado deberá indemnizar con 2.000 euros ao home ao que insultou por servirlle con luvas unha caña.
Segundo recolle o Ministerio Fiscal no seu escrito de cualificación, o 6 de xuño de 2021, ao redor das 4.30 horas, o acusado foi interceptado na rúa Castrón Douro de Santiago cando conducía o seu turismo Ford Focus xunto a dous amigos.
O acusado non iniciou os traballos, alegando problemas de permisos municipais e falta de empregados. En abril de 2022, o prexudicado reclamou a devolución do diñeiro e o acusado díxolle que o gastou e que estaba pendente de cobrar outros traballos para iniciar a obra.
Ao ser a pena de prisión inferior a un ano e non ter antecedentes penais, non terá que entrar. A multa ten prazo para pagala ou será substituída por dez días de cárcere, pero debido á súa insolvencia tampouco tería que cumprila.
A nova empresa tiña un nome semellante e o mesmo domicilio social que a anterior, "feito que inducía a confusión tanto á carteira de clientes coa que xa contaba como aos potenciais novos clientes, xa que desempeñaba unha actividade idéntica no tráfico comercial e na mesma localización física".
  comenta   0
O tribunal considerouno autor dun delito de homicidio en grao de tentativa en concurso medial cun delito de incendio sen perigo para a vida ou integridade física das persoas, concorrendo a circunstancia agravante de parentesco e a atenuante de embriaguez.
  comenta   0
Os propietarios din que os cans son "moi dóciles" e actuaron así porque o home da vítima os trataba mal. Levaron como testemuña a un mozo da sobrina da agredida.
  comenta   0
Segundo figura no escrito de acusación pública, as forzas policiais tiveron coñecemento de que, o 25 de novembro de 2021 e o 27 de xaneiro de 2022, descargáronse a un teléfono dun veciño de Vigo arquivos de pornografía infantil a través da aplicación WhatsApp.
O mozo invadiu o carril contrario nunha recta na parroquia de Coruxo e a unha velocidade dun 70 km/h, de maneira que a motorista que viña en dirección contraria non puido evitar a colisión.
A sala considera probado que o día 15 de abril de 2023, o procesado, que estaba a pasar uns días no domicilio da súa amiga, que saíra a traballar, quedou na vivenda coa súa filla menor, de 14 anos, e dirixiuse á habitación na que estaba. Unha vez alí, segundo a sentenza, ofreceulle diñeiro, sen que o aceptase, polo que se foi, pero regresou uns minutos máis tarde e violouna.
Os feitos ocorreron "en días non determinados e en repetidas ocasións" entre os anos 2013 e 2018, cando o procesado compartía piso coa nai da vítima e encargábase tamén do coidado dos seus fillos. Durante estas datas indeterminadas, realizoulle diversos tocamentos.
  comenta   0
Fiscalía expón para este traballador do metal vinculado ás protestas de maio de 2022 ante a Delegación do Goberno en Galicia unha pena dun ano de cárcere por delito de atentado e dous meses de multa por lesións.