Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/01/2025 | Actualizada ás 14:45
A Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra un home de Tui que se enfronta a seis anos de prisión por apropiarse de máis de 35.500 euros na súa mediación pola subscrición de diferentes pólizas de seguro. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos ocorreron entre 2015 e 2019 e o home cobraba o importe da prima aos tomadores e non llo entregaba á compañía.
Os contratos de seguro estaban en vigor pero a compañía tomadora do mesmo non recibía ningún beneficio. Así, a empresa aseguradora compensou parte desa débeda con comisións e remesas á súa vez debidas ao acusado, reclamándolle máis de 16.000 euros. Por iso, o Ministerio Público solicita por un delito de apropiación indebida a pena de seis anos de prisión e doce meses de multa cunha cota diaria de 10 euros. Ademais, o acusado deberá indemnizar, entre outros, ao Consorcio de Compensación de Seguros en 1.876 euros, a unha compañía de seguros con 16.031 euros e a outra aseguradora con 882 euros, así como diferentes indemnizacións ás súas vítimas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.