Desde outubro do ano 2023 Roger Serafín está nunha prisión da provincia de León á que foi trasladado tras ser detido pola Garda Civil no seu propio posto de traballo, no estaleiro de Navantia Ferrol, onde era operario dunha empresa auxiliar. Tras o arresto, confesou ser o responsable da violación e morte da veciña da comarca de Eume dez anos atrás.